mércores, 20 de decembro de 2023

Chegou o Nadal! 🎄🎅⭐🌟

 Este mércores día 20, visitamos a vila de Celanova. 

Tivemos a oportunidade de ver o seu decorado de Nadal, de pasear polas súas rúas a bordo do tren de Nadal e de xogar un bo anaco no campo de Minigolf montado no parque das Trigueirizas. 


Tamén nos deu tempo a interpretar e grabar unha panxoliña na praza de Vilanova dos Infantes. 

Con ela, aproveitamos para desexarvos unhas BOAS FESTAS e un FELIZ 2024

 
O xoves 21 de decembro, recibimos unha visita moi especial: Papá Noël! 
E cal foi a nosa sorpresa que veu cargadiño de agasallos!!


Logo, a profe Rosa invitounos a participar nuns xogos divertidísimos!! 
Finalmente, entregamos os premios do Concurso de Nadal!
 As nosas manualidades están feitas con materiais de refugallo ou de reciclaxe! 
As nosas familias tamén nos botaron unha mauciña!! Graciñas!! 







martes, 19 de decembro de 2023

Programa Radio Nadal 2023!

 O alumnado do CEIP Plurilingüe do Xurés dende a Radio Escolar contamos unhas adiviñas de Nadal e cantamos un rap que fixemos entre todos durante os recreos dos venres. 






luns, 4 de decembro de 2023

DÍA POLA DIVERSIDADE FUNCIONAL 💙💚💛💜

O pasado domingo día 3 de decembro conmemorouse o Día Internacional Pola Diversidade Funcional. Unha data, sen dúbida importante, que non quixemos deixar pasar. 


Quixemos achegarnos e coñecer de primeira man a realidade das persoas con Diversidade Funcional. Por iso, contactamos co alumnado e co profesorado do CEE O Pino, da cidade de Ourense, a través dunha videoconferencia. Preguntámoslle como era a vida no seu cole e nós contámoslle sobre a nosa.
 Pero tamén tivemos oportunidade de rir, cantar e bailar xuntos! 
Como non, convidámolos a unha excursión polo Parque Natural do Xurés! 


Cando rematamos a videoconferencia, puxémonos na pel das persoas con Diversidade Funcional. Por parellas, fixemos un percorrido polo cole cos ollos tapados. Con esta actividade, démonos conta das dificultades que experimentan estas persoas na súa vida cotiá e da importancia de seguir loitando e traballando para construír un mundo máis accesible para todos. 








venres, 1 de decembro de 2023

LECTURA E FAMILIAS 📚👩👦👧👨

Hoxe, pola tarde tivemos unha hora de ler especial! 

Tres nais do cole achegáronnos a dous contos moi chulos. 

Nuria presentounos aos máis noviños "A máscara do león" e María e Mónica trouxéronnos o  libro "El fabuloso mundo de las letras", deixándonos con gañas de ler máis sobre el. 

Graciñas, familias!! 




    




martes, 28 de novembro de 2023

25 DE NOVEMBRO 💜💟

O venres 24 de novembro e o luns 27 de novembro, levamos a cabo un conxunto de actividades para commemorar o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller

Aproveitando o bo tempo, o venres, pintamos e decoramos caixas de cartón para construír un muro contra a violencia. 

  

 

 


O luns, escribimos palabras e poemas contra a violencia e creamos unhas fermosas bolboretas de origami para decorar as caixas. Con elas, construímos un muro!

  



 

Velaquí o resultado! 





martes, 21 de novembro de 2023

CAMPO A TRAVÉS 🏃

Hoxe tivemos unha xornada de deporte no concello veciño de Muíños. 
O alumnado de 2º a 6º de Educación Primaria, participamos no campo a través! 
Desfrutamos desta actividade con outros colexios da comarca da Baixa Limia, Celanova e Barbadás! 

Ademais de desfrutar do deporte, tamén conseguimos un terceiro posto 
e varias clasificacións para o campeonato provincial! 



venres, 10 de novembro de 2023

MAGOSTO 🌰🌰🌰

O mal tempo non impediu que desfrutaramos dunha boa xornada de Magosto! 

Xuntos, gozamos de xogos tradicionais como encestar a castaña, 

carreiras de relevo ou o paño, entre outros! 

Ademais, degustamos un menú propio deste día, con empanada, bolo preñado e castañas con chocolate!