martes, 23 de abril de 2024

Día do Libro 📗📖

Este martes día 23 de abril festexamos o Día Internacional do Libro. 

No recreo, aproveitamos o sol e bo tempo para levar a cabo unha actividade de lectura compartida na que os máis grandes lle lemos aos máis pequeniños. 




Pola tarde, asistimos ao concerto de Paco Pakolas onde tamén nos acompañaron as nosas familias, 
os pequenos das Casas Niño de Lobios, os maiores da Casa do Maior "Arco da Vella", os maiores da Residencia "Virxe do Xurés" e algúns veciños de Lobios. 




venres, 19 de abril de 2024

Obradoiro de Xogos Bailados e Enredos💃♪🎵

 Este venres día 19, o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria participamos nun obradoiro de "Xogos Bailados e Enredos". Dende a área de Educación Física, organizáronnos esta xornada e aprendemos un montón de danzas e enredos da man de Lito Prado. 

Pasamos unha mañá estupenda, bailando, rindo e enredando moito!! 

Aquí vos deixamos unha mostra!!







mércores, 17 de abril de 2024

DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA 🏃

Este mércores 18 de abril, celebramos xunto cos nosos compañeiros do CEIP Xoaquín Lourenzo de Bande, o día da Educación Física Na Rúa

Foi unha xornada fermosa e moi divertida na que fixemos grupo cos amigos de Bande para facer un xogo de orientación que nos levou a percorrer a vila de Bande e superar doce retos. Ao final da xornada, construímos un puzzle no que descubrimos o lema do día "A Educación Física e a saúde mental":  

A actividade física axúdanos a suar as pequenas cousas que nos alonxan da felicidade!

Deixámovos unha mostra deste día nas seguinte imaxe e vídeo!

Agardamos que vos guste! 🌟⭐





martes, 16 de abril de 2024

DONAS DE SÍ - Luísa Villalta👩📖🎻

Hoxe, 16 de outubro, recibimos a visita da asociación Polo Correo Do Vento. Nunha actividade enmarcada no Plan Proxecta + DONAS DE SÍ, coñecemos máis polo miúdo a figura de Luísa Villalta, homenaxeada este ano nas Letras Galegas. 

O escritor Enrique Mauricio Iglesias e a ilustradora Tania Solla, autores do biografía "Tinta do mar", contáronnos unha chea de datos interesantes sobre Luísa. 

Ademais, ensináronnos a facer un retrato da autora. 














luns, 15 de abril de 2024

Xornada de Fútbol Sala ⚽

Enmarcada dentro do programa XOGADE, participamos hoxe nunha actividade de Fútbol Sala no pavillón da Pedra da Moa (Celanova). Compartimos esta xornada cos alevíns e benxamíns do CEIP Xoaquín Lourenzo de Bande, o CEIP Rogelio García Yáñez de Ramirás e o CPR Sagrado Corazón de Celanova.