xoves, 22 de decembro de 2022

BO NADAL FAMILIAS!!!

Por fin podemos presentarvos o noso villancio, composto por 42 cantantes e dirixidos polo profe Javi. Esperamos que vos guste!!!




Dende o CEIP do Xurés desexamos que teñades un bo nadal e unhas felices festas. E esperamos que o próximo ano veña cargado de boas novas!




VISITA DE PAPÁ NOEL

 Onte tivemos unha sorpresa no colexio xa que veu a visitarnos Papá Noel e ademais viña cheo de regalos. MOITAS GRAZAS esperamos que volvas o ano que vén. 

HoHoHo!!! Bo nadal!!!!



domingo, 18 de decembro de 2022

ANIVERSARIOS DE DECEMBRO🎉🍰

 Durante este mes estivo de aniversario Diego e tamén estarán de aniversario Nerea de 3º de primaria e tamén o profe Javi. Os flautistas adicáronlle unha canción. 

E a tarta estaba riquísima! Moitos parabéns!!!!🎈🎉🍰



mércores, 7 de decembro de 2022

3D- Día da diversidade funcional

 O pasado venres conmemoramos no centro o Día da diveersidade funcional correspondente ao 3 de decembro. Para traballar isto durante a semana nas sesións de educación física xogaron a deportes paraolímpicos como o boccia, datchball e voley sentados. Tamén decoramos unhas mariposas con pezas de puzzle e cada clase decorou unha parte do lema que decidimos utilizar para este día "Diferentes no voo pero co mesmo dereito a voar". E non só isto, ademais tivemos a gran sorte de ter unha visita moi especial. Iván, estudante de maxisterio, cun futuro moi prometedor, ten unha enfermidade metabólica pouco común veu o cole a contarnos a súa experiencia coa enfermidade e a resolver as dúbidas que tiñamos sobre ela. Regalounos unhas pegatinas e estamos moi agradecidos de que viñera a visitarnos. Sempre que queiras esperámoste cos brazos abertos porque no noso cole todos encaixamos.


Deixamos por aquí un vídeo para que vexades canto traballamos e aprendemos en cuestión de diversidade!😃