Para rematar este curso escolar dunha maneira especial, todo o alumnado do CEIP Plurilingüe do Xurés realizou unha excursión á praia de Samil, en Vigo, acompañado polas súas familias e polo profesorado do centro.
Ao longo da xornada, os nenos e nenas desfrutaron dun día cheo de diversión, compartindo momentos de xogo, risas e convivencia nun entorno privilexiado. Ademais, puideron bañarse no mar e gozar da praia xunto aos seus compañeiros e compañeiras, creando recordos inesquecibles para pechar este curso.
Desde o centro queremos agradecer a participación e colaboración das familias, que contribuíron a facer desta saída unha experiencia moi especial. Desexámosvos un feliz verán e agardamos vervos de novo o vindeiro curso con moita ilusión e ganas de seguir aprendendo xuntos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario