luns, 24 de abril de 2023

DÍA DO LIBRO 😉

 O pasado venres conmemoramos no noso centro o Día do Libro, deixamos aquí os vídeos das actuacións:









                                Que ben o pasamos! Grazas a todos e todas por vir a vernos.

luns, 17 de abril de 2023

ENTRADAS PARA O DÍA DO LIBRO

 Hoxe, luns 17 de abril, repartimos por todo o noso pueblo as entradas para animar á xente que veña a ver a nosa actividade o venres 21 de abril ás 12:30h xa que imos ir a residencia de maiores Virxe do Xurés a realizar a actividade "Contamos con vos". 

Deixamos algunhas fotos do reparto das entradas, esperemos que veñades todos o venres!













venres, 14 de abril de 2023

ACTIVIDADE "LÚA QUERE IR A MARTE"

 Este venres tivemos unha visita moi especial no cole. Viñeron a contarnos o conto de "Lúa quere ir a Marte" cuns títeres moi divertidos. Foi moi divertido. Moitas grazas por vir.