domingo, 27 de novembro de 2022

25N💜

 


O pasado venres conmemoramos no centro o 25N-Dia contra a violencia de xénero. Empezamos o día vendo a obra de teatro "Avóas" organizada polo Concello de Lobios. Despois, realizamos un taller de estrelas, unha estrela por cada víctima falecida durante este ano por violencia de xénero. Tamén na biblioteca falamos sobre os contos e cortos aprendidos sobre o tema esta semana. E visualizamos un vídeo que fixeron os compañeiros de terceiro e cuarto. E para rematar o día creamos a nosa porta violeta para reivindicar que o noso centro é un espazo libre de violencia de xénero, aquí colocamos as estrelas e escribimos mensaxes reivindicativos.

Esperamos que non haxa máis víctimas e que algún día non teñamos que conmemorar este día!

O CEIP do Xurés di NON a violencia de xénero!


ANIVERSARIOS NOVEMBRO🎊

Durante este mes estivo de aniversario Lois de 2º de primaria e tamén o noso cociñeiro Óscar. Os flautistas adicáronlle unha canción. E a tarta estaba riquísima! Moitos parabéns!!!!🎈🎉🍰




martes, 1 de novembro de 2022

CUMPLEANOS MES DE OUTUBRO🎉🎂

 Parabéns a Wyatt que estivo de aniversario este mes.  E grazas aos músicos por tocarlle a canción de cumpleanos.



SAMAÍN 💀👻🎃

 O venres estivemos de festa de Samaín no cole. Desfrutamos moito xa que fixemos uns talleres moi terroríficos e divertidos e ademais bailamos. Aquí podedes ver un vídeo que resume o ben que o pasamos.







Os gañadores do concurso da cabaza na aplicación foron: Hugo, Lara, Alma e Óscar. Noraboa!









Día das bibliotecas escolares📚

 O pasado luns 24 de outubro a biblioteca transformouse nun restaurante máxico co fin de  conmemorar o día das bibliotecas escolares. Fixemos unha chea de actividades divertidas e ademais Selena, Daniela, Irina, Tania e Helena empezaron coas mochilas viaxeiras.

Esperamos que as disfrutedes moito!