sábado, 27 de febreiro de 2021

24 F- DÍA DA ROSALÍA DE CASTRO

Esta semana conmemoramos no centro a Rosalía de Castro, autora de gran relevancia na nosa lingua. Para iso fixemos un "rap" resumindo un pouco a súa vida e obra.

Dalle o play para velo:





Aquí vos deixamos a letra do rap. Esperemos que vos guste moito!



Rosalía de Castro na Biblioteca Creativa

 Esta semana conmemoramos a figura de Rosalía de Castro; así pois, na Biblioteca Creativa repasamos contidos vinculados á autora coa axuda, unha vez máis, dos nosos preciados escornabots.










CUMPLEANOS DE FEBREIRO 🍰🎂

Este mes estiveron de cumpleanos Sara, Kyllian, Ainhoa e Valentina e como cada mes o celebramos no comedor!

Desfrutamos dunha torta riquísima, moitos parabéns!🎂 



domingo, 21 de febreiro de 2021

Novos xogos para a Biblio Creativa

 Esta semana comezamos un xogo moi entretido, co cal podemos adquirir contidos vinculados á Educación Vial e, tamén, ó fomento do compañerismo e do respeto aos animais. Que ben conducimos!!!






sábado, 13 de febreiro de 2021

ENTROIDO 🎭🎊

Este ano debido a situación a que estamos a vivir non puidemos saír a desfilar o día de entroido pero non quedou sen celebrar.

Adaptándonos a situación actual e cumprindo co protocolo organizamos unha Búsqueda do tesouro das máscaras da provincia de Ourense.Durante a semana estivemos investigando sobre as máscaras que cada alumno e alumna trouxo ao colexio. Preparados para empezar o xogo, o venres comezamos. O xogo consistía en ir buscando as máscaras seguindo unhas pistas e respondendo a preguntas. Cada clase xunto cos seus titores cumpriron a misión e o pasaron xenial. Ademais obtiveron un premio moi dulce ao superar as diferentes probas. 

Moitas grazas pola vosa colaboración familias, sodes uns artistas e a entrada do cole luce así de bonita;



Tamén deixamos algunhas fotos do ben que o pasaron durante a actividade e o guapos que estaban tod@s cos seus disfraces.








Que pasedes un bo entroido pero recordade "con sentidiño"!



venres, 5 de febreiro de 2021

CUMPLEANOS XANEIRO 🍰🎉

 Este venres celebramos no comedor os cumpleanos de Antón, Jade, Óscar, Nerea e Luis. Moitos parabéns chic@s! E grazas a Dani que nos fixo unha torta de chocolate riquísima.🎂