venres, 29 de maio de 2026

 

ANIVERSARIOS DO MES DE MAIO 🍰🎉

No día de hoxe celebramos o aniversario de Irina, Anxo, Hugo, Fernando, Jordan, Erica e Elea.

Feliz volta ao sol, que sexades sempre moi felices.

PARABÉNS!



luns, 25 de maio de 2026

Día dos parques naturais🌱

No Día Europeo dos Parques Naturais queremos destacar a importancia de coidar e valorar o noso contorno natural. O Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés é un espazo único pola súa biodiversidade, paisaxe e riqueza cultural, un verdadeiro tesouro natural que debemos protexer entre todos.










martes, 19 de maio de 2026

 

CHARLA INFORMATICA DE HIXIENE BUCODENTAL😁

Hoxe o alumnado de Educación Infantil e de 1º e 2º de Educación Primaria participou nunha interesante charla sobre hixiene bucodental impartida por unha hixienista dental.

Durante a actividade, os nenos e nenas aprenderon pautas básicas para o coidado dos dentes, a importancia dunha boa alimentación e como realizar un correcto cepillado para manter unha boa saúde bucal.







venres, 15 de maio de 2026

 

17 DE MAIO         -DÍA DAS LETRAS GALEGAS-

Esta semana celebramos no noso centro educativo unha xornada moi especial na que unimos a conmemoración do Día das Letras Galegas, dedicado este ano a Begoña Caamaño, e o Día das Familias.

As actividades, deseñadas no marco do seminario intercentros “Innovación e cooperación na escola rural”, contaron coa participación das familias, do grupo de cantareiras de Grou, da Casa do Maior coa súa “calceta de letras” e coa colaboración do Concello.

Foi unha xornada de convivencia e aprendizaxe compartida na que nenos e nenas, familias e persoas maiores gozaron xuntos da música, dos xogos e das tradicións, poñendo en valor a riqueza da escola rural como espazo de encontro e comunidade.



















mércores, 13 de maio de 2026

 

“Lectura e Familia” con Migallas Teatro

No marco da iniciativa educativa “Lectura e Familia”, o noso centro tivo o pracer de contar coa visita da compañía Migallas Teatro, que ofreceu unha representación teatral dirixida á comunidade educativa.

Nesta actividade participou activamente o alumnado, as familias e o profesorado, favorecendo un espazo de encontro e convivencia arredor da lectura, a cultura e a expresión artística. A través do teatro, fomentouse o gusto pola lectura e reforzouse a importancia da colaboración entre a escola e as familias no proceso educativo.