luns, 27 de febreiro de 2023

OBRADOIRO HÁBITOS SAUDABLES

 O pasado venres veu un nutricionista a visitarnos para ensinarnos bos hábitos de vida saudables. Foi moi interesante e ademais acabamos xogando no patio. Moitas grazas pola visita!





ANIVERSARIOS MARZO

 Hoxe no comedor celebramos os aniversarios de Valentina, Sara, Kyllian, Gael, Ainhoa y Selena. Moitos parabéns! A tarta estaba moi rica!



venres, 24 de febreiro de 2023

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 Onte realizamos este mural no que participaron todos os nenos e nenas do cole pintando con diferentes técnicas e estilos a Rosalía de Castro. Ben vestida de astronauta para acompañarnos no noso proxecto o universo.














xoves, 23 de febreiro de 2023

ENTROIDO😉😃

 O pasado venres celebramos por todo alto o entroido no cole. Tivemos a sorte de ter uns invitados moi especiais: os nenos e as nenas dos coles de Muiños e Entrimo. Sacamos os nosos traxes espaciais e desfilamos por Lobios e despois subimos ao San Roque onde xogamos a búsqueda do tesouro sobre as máscaras de entroido. E para recuperar forzas, comemos un rico xantar acompañado de orellas de entroido!

Deixamos un vídeo para que vexades o ben que o pasamos.




xoves, 2 de febreiro de 2023

DÍA DA PAZ

 O pasado luns, para conmemorar o día da Paz realizamos un baile coa canción de "Madre tierra" e ademáis fixemos voar cohetes cheos de mensaxes positivos para poder alcanzar la paz en el mundo.

Aquí podedes ver o ben que o fixeron!