venres, 26 de novembro de 2021

INVESTIGANDO SOBRE O ALTO DE FONTEFRÍA

 Durante o mes de NOVEMBRO estivemos investigando sobre o ALTO DE FONTEFRÍA . Hoxe como cada último venres de  mes reunímonos na Biblioteca para compartir os nosos resultados.


No laboratoro de Pancholiño tamén estivemos experimentando como facer unha depuradora.





ANIMÁDEVOS NO MES DE DECEMBRO A INVESTIGAR SOBRE O ALTO DA NEVOSA E PARTICIPAR NO "ADIVIÑA XURÉS"

CUMPREANOS DO MES DE NOVEMBRO

 ESTE MES CANDELA E LOIS ESTIVERON DE CUMPREANOS🎂🎈MOITAS FELICIDADES!



ALTO DA NEVOSA

 


xoves, 25 de novembro de 2021

25N

 Para conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER hoxe fixemos diversas actividades. Dende a mañá levamos a cabo actividades de sensibilización por parte do Concello de Lobios con todos os cursos.






Pola tarde inauguramos o RECUNCHO DA MEMORIA que estivemos elaborando para este día co visionado dun vídeo vinculado con dita conmemoración.




luns, 15 de novembro de 2021

mércores, 3 de novembro de 2021

CONTACONTOS

 Hoxe recibimos na Bilbioteca do centro a visita de Miguel A. Alonso Diz, o cal nos contou uns contos que nos gustaron moito!😊Pasámolo moi ben!




TRABALLANDO E INVESTIGANDO

 No mes de Outubro estivemos traballando sobre os retos que nos deixou Pancholiño sobre o Alto do Pisco e no club de Ciencias experimentamos  sobre a Contaminación das augas e as súas consecuencias no medioambiente.

O último venres de mes reunímonos na biblioteca para xuntar os nosos datos e compartir as nosas pescudas.💭

Tamén descubrimos un novo reto que nos deixou Pancholiño sobre o Alto de Fontefría.😀






ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR NO "ADIVIÑA XURÉS" DURANTE O MES DE NOVEMBRO.😃