martes, 22 de decembro de 2020

FESTIVAL ONLINE DE NADAL 2020 🎅🎄

 Ola a todos!

Benvidos un ano máis ao noso festival de nadal. Este ano é un festival peculiar pero feito coas mesmas ganas e ilusión. Esperamos facervos desfrutar del e que a ilusión e cariño con que os nenos e nenas o fixeron chegue a todos os fogares.

Empezamos co debut no escenario dos peques do Xurés que interpretaran co mellor dos seus sorrisos "Tuna navideña" e "Muñeco de nieve en navidad". Desfrutadeo e bo nadal!

 


 


A clase das Abellas este ano quérevos felicitar estas festas con un baile moi especial "Imagina".


O alumnado de 1º e 2º de primaria deséxavos un bo nadal dun xeito diferente, moi atentos ao vídeo...


Na aula de 3º e 4º d Primaria fixemos un conto con un final algo inesperado....esperamos que vos guste o noso conto dos tres porquiños. Bo Nadal a todos e todas.







 Benvidos a clase de 5º curso, para esta ocasión escollemos unha panxoliña "que é unha canción de nadal". Esta panxoliña chámase "Con un sombreiro de palla". Agardamos que vos guste xa que o fixemos coa mellor das ilusións. Bo nadal!No seguinte enlace

 

 




A continuación, podedes ver a celebración do Nadal que fixo o alumnado de 6º de Primaria, dende a distancia pero sen esquecernos de vós.

 

E agora o alumnado de quinto e sexto de primaria ven cargado de enerxía para darlle a benvida a esta época tan especial e festiva coa canción " IT'S CHRISTMAS TIME'.

 

Aínda que este ano é un nadal un pouco diferente. Os nenos e nenas de relixión non perdemos a alegría, ilusión e sobre todo as ganas de bailar. Feliz Nadal!


Ata aquí o festival online do Ceip Pluriñingüe do Xurés, esperamos que pasedes boas festas e que teñades un feliz 2021.

Felices vacacións!




sábado, 19 de decembro de 2020

CUMPLEAÑEIRAS DE DECEMBRO🍰

Moitos parabéns a Sabela e a Nerea que estiveron de aniversario neste mes de decembro. Que rica estaba a torta!



xoves, 3 de decembro de 2020

DÍA DA DIVERSIDADE FUNCIONAL 💖

 Hoxe no cole tivemos unha visita moi especial, veu a visitarnos un deportista de élite paraolímpico. Ignacio Fernández Enriquez, xogador da selección paraolímpica de fútbol e de bádminton.

Ignacio ensinounos que  "a discapacidade é a capacidade extraordinaria de ser capaz". Ignacio enfrentouse as pedras que se lle puxeron no seu camiño, loitou e esforzouse por superalas axudado polo deporte. E que grazas aos valores que transmite o deporte como o sacrificio, a constancia e perseverancia e a loita polos obxectivos conseguiu chegar a xogar nun mundial. Si, si, un mundial!

Ademais trouxo a cadeira de rodas coa que compite e ensinounos como facía para xogar ao bádminton nela. E deixounos probar a cadeira...foi moi divertido!

Moitísimas grazas por vir a visitarnos e contarnos a túa historia personal. Admiramos o teu sacrificio e esforzo e desexamos que sigas gañando partidos na túa vida. Esperamos que volvas pronto a visitarnos, temos un partido pendiente.








mércores, 2 de decembro de 2020

Escornabot contra a Violencia Machista

 O pasado día 25 de novembro celebrouse o Día contra a Violencia de Xénero.

 Así pois, durante estes días traballamos distintos conceptos como feminismo, amor, violencia, machismo, acoso, respecto ou tolerancia, entre outros; todo isto coa intención de interiorizar no noso alumnado tanto as conductas positivas, como tamén as negativas.

 Para acadar tal fin, empregamos un escornabot, mediante o cal o alumnado escolleu, movendo libremente o aparello, as actitudes que desexaba estudar e comentar.

 A continuación podedes ver algunhas fotos das distintas sesións.











martes, 1 de decembro de 2020

CUMPLEAÑEIROS DE NOVEMBRO🍰🎉

Como cada último venres de mes celebramos os aniversarios. Esta vez tocoulle aos que cumpliron ao longo deste mes de novembro. Os cumpleañeiros foron Lois, Iker e Candela. O noso cociñeiro fíxonos unha torta riquisima e moi sana xa que levaba plátano e mazá. Mmmm que ganas de que sexa o último venres de novo. 

Moitos parabéns!



ACTIVIDADE "Entre mulleres anda o xogo"

O pasado martes realizouse no centro unha actividade de concienciación sobre o 25 novembro, día mundial contra a violencia de xénero. Ademáis tivemos a sorte de que veu a visitarnos a alcaldesa do noso concello, dona María del Carmen Yáñez e nos agasallou con portamascarillas. Moitas grazas!

 


 


 

mércores, 25 de novembro de 2020

QUE A MÁSCARA NON TE CALE😷💜

O día 25 de noviembre é o día mundial contra a violencia de xénero. Dende a comunidade educativa do CEIP Plurilingüe do Xurés queremos transmitir dar a seguinte mensaxe e que sexan os nenos e nenas do colexio quen o fagan.

Neste 2020 raro é atípico, no que o virus cambiou tanto a forma de convivir e relacionarnos. O que nunca cambiará é o rexeitamento á intolerancia. A violencia de xénero nunca terá cabida. NON, NON, NON E SEMPRE NON!!!

 Que a máscara non te cale, di NON a violencia de xénero.




venres, 20 de novembro de 2020

PROXECTO ROTEIRO TERMAL: 4ª PARADA ♨

 Seguimos o noso camiño esta semana paramos en Carballiño.



mércores, 18 de novembro de 2020

RADIO NA BIBLIO 📢


No día de hoxe, o alumnado de 5º e 6º de Primaria tivo a sorte de realizar unhas actividades moi especiais, todas elas relacionadas coa visita dos nosos amigos da Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte...nas Ondas!

Así pois, recibimos formación sobre educación vocal, tratando conceptos como a vocalización, respiración diafragmática, proxección da voz, entoación ou lectura avanzada, entre outros moitos. Ademais, levamos a cabo as nosas propias emisións radiofónicas.

 Aquí tedes unhas fotos desta xornada tan interesante.









VISITAS ESPECIAIS😊

Esta semana veu a visitarnos Óscar, o presidente da Banda de música de Lobios xa que estivemos investigando sobre a Banda de música no noso proxecto do Roteiro Termal. 

Sabela e Leticia tiveron a oportunidade de entrevistalo na radio, foi unha entrevista estupenda! Xa a podedes escoitar no apartado de "Radio na biblio". 

Esperamos que volvas a visitarnos pronto e moitas grazas por vir ao noso cole.





domingo, 15 de novembro de 2020

MAGOSTO🌰

O pasado venres tivemos a sorte de poder celebrar o magosto acompañados dun sol radiante. Collemos a mochila, auga e a máscara sempre posta e nos diriximos a San Roque. Alí fixemos xogos, comimos empanada, boliños preñados, bica e castañas, estaba todo riquísimo! Tiñamos moitas ganas de desfrutar do Xurés ao aire libre e foi un día estupendo. Esperamos repetilo pronto!










venres, 13 de novembro de 2020

PROXECTO ROTEIRO TERMAL: 3ª PARADA ♨

 Esta semana viaxamos ata a capital termal... Ourense. Pancholiño deixounos estos enlaces para investigar.


domingo, 1 de novembro de 2020

CONCURSO SAMAÍN 2020 👏

 Este ano decidiuse facer un concurso de Samaín con diferentes temáticas por clase. O xurado tivo moi díficil elexir un gañador de cada aula xa que todos os traballos estaban moi ben. Estamos moi contentos coa participación dos alumnos.

Deixámosvos unhas fotos dos gañadores. Noraboa Ema, Iago, Nerea, Marcos, Nicolás e a todos os nenos e nenas de 3º4º que decidiron compartir o seu premio.

















SAMAÍN👻💀

 Estivemos de Samaín no Xurés! Todos os nenos e nenas do colexio aportaron creacións de Samaín para colocar na entrada do cole e así ter o noso cole terroríficamente bonito. A verdade é que estes nenos e nenas son uns artistas. 

Para recordar este día quixemos facer fotos co noso mural de Samaín. Ademáis cada clase participou nun concurso de bruxas, cabazas creativas, esqueletos, casas encantadas, vampiros e monstruos. 


Os nenos e nenas de 3 anos coas súas bruxas




Os nenos e nenas de 4 anos coas súas cabazas creativas


Os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria cos seus esqueletos



Os nenos e nenas de 3º e 4º de primaria coas casas encantadas



Os nenos e nenas de 5º de primaria cos seus monstruos


Os nenos e nenas de 6º de primaria cos seus vampiros




CUMPLEANOS DO MES DE OUTUBRO! 🎂

O venres último de cada mes celebramos no cole os aniversarios de todo o mes. Durante este mes de outubro os cumpleañeiros foron Wyatt e o profe Alberto.

Moitos parabéns! Esperamos que vos gustara moito a torta de aniversario😊



domingo, 25 de outubro de 2020

DÍA DAS BIBLIOTECAS 📚

 O pasado venres 23 de outubro conmemoramos o Día das bibliotecas escolares realizando unhas actividades no noso patio.



Os máis pequenos contáronos o conto de "A que sabe a lúa?" cunhas marionetas e un mural moi bonito. Estos pequenos a verdade é que son uns artistas.




Os nenos e nenas de 4 e 5 anos crearon un conto moi especial que titularon "A que sabe o mel" fixeron unha representación con marionetas e agasalláronos a todos os presentes con mel do Xurés. Que bo sabor de boca nos deixaron!








Os nenos e nenas de 1º e 2º curso de primaria  fixeron uns debuxos dos seus contos favoritos e lle explicaron ao resto do cole os motivos de que lle gustasen eses contos. Que bos lectores son!




Os alumnos e alumnas de 3º e 4º curso de primaria inventaron uns contos moi divertidos e desfrutamos moito escointandoos.



Os máis maiores do colexio, os alumnos e alumnas de 5º e 6º curso de primaria estiveron toda a semana investigando sobre mulleres escritoras e Fátima Molinero e Chloé foron as encargadas de resumirnos as investigacións de ambos cursos. Tamén o resto do alumnado contounos un pouco do que investigaron. Canto aprendimos!


E para finalizar, entregáronse as mochilas viaxeiras e as afortunadas en levalas de primeiras foron Lara (3 anos), Astrid (4 e 5 anos), Ainhoa (1º2º), Helena (3º4º) e Leticia (5º6º). Pero non vos preocupedes que pasara por todas as casas, é para que eso sexa posible este ano só a van levar unha semana para poder tela na aula de cuarentena outra semana e así poder levala a outra casa. 

Pancholiño está moi orgulloso dos nenos e nenas do cole xa que o fixeron un gran traballo!