mércores, 8 de marzo de 2023

8M-DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 Hoxe co fin de resaltar os dereitos das mulleres a ser traballadoras realizamos unha simulación dun edificio ardendo onde salen das ventás: mulleres deportistas, mulleres periodísticas, contos infantís...

Tamén fomos a repartir flores que fixemos para regalarlle as mulleres traballadoras do Concello de Lobios. Fomos ao súper, ferretería, farmacia, perruquería, residencia de anciáns...

E para rematar a semana tivemos a visita  dun obradoiro no que Antonia Ferrín  axudou a crear constelacións e un cohete moi divertido. 

Dende o CEIP do Xurés educamos en igualdade!



















luns, 27 de febreiro de 2023

OBRADOIRO HÁBITOS SAUDABLES

 O pasado venres veu un nutricionista a visitarnos para ensinarnos bos hábitos de vida saudables. Foi moi interesante e ademais acabamos xogando no patio. Moitas grazas pola visita!





ANIVERSARIOS MARZO

 Hoxe no comedor celebramos os aniversarios de Valentina, Sara, Kyllian, Gael, Ainhoa y Selena. Moitos parabéns! A tarta estaba moi rica!



venres, 24 de febreiro de 2023

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 Onte realizamos este mural no que participaron todos os nenos e nenas do cole pintando con diferentes técnicas e estilos a Rosalía de Castro. Ben vestida de astronauta para acompañarnos no noso proxecto o universo.














xoves, 23 de febreiro de 2023

ENTROIDO😉😃

 O pasado venres celebramos por todo alto o entroido no cole. Tivemos a sorte de ter uns invitados moi especiais: os nenos e as nenas dos coles de Muiños e Entrimo. Sacamos os nosos traxes espaciais e desfilamos por Lobios e despois subimos ao San Roque onde xogamos a búsqueda do tesouro sobre as máscaras de entroido. E para recuperar forzas, comemos un rico xantar acompañado de orellas de entroido!

Deixamos un vídeo para que vexades o ben que o pasamos.




xoves, 2 de febreiro de 2023

DÍA DA PAZ

 O pasado luns, para conmemorar o día da Paz realizamos un baile coa canción de "Madre tierra" e ademáis fixemos voar cohetes cheos de mensaxes positivos para poder alcanzar la paz en el mundo.

Aquí podedes ver o ben que o fixeron!






luns, 30 de xaneiro de 2023

domingo, 29 de xaneiro de 2023

ANIVERSARIOS DE XANEIRO🎉🍰

 O pasado venres no comedor celebramos os aniversarios de xaneiro. Estiveron de cumple Óscar, Antón, Dylan, Jade, Tania e tamén a profe Miriam!

Moitos parabéns!





CROSS MUIÑOS☺

Empezamos o ano correndo moito para combatir o frío e que mellor forma que deixarvos unhas fotos para que vexades o ben que o pasaron os nosos alumnos. Noraboa a todos!☺