Amosando publicacións coa etiqueta 25N. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 25N. Amosar todas as publicacións

martes, 25 de novembro de 2025

 

25N: Xuntas e xuntos contra a violencia de xénero 

Esta semana, con motivo da conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o noso centro participou nunha actividade que implicou a toda a comunidade educativa.

Os nenos e nenas prepararon tarxetas con lemas creados por eles mesmos, mensaxes cheas de creatividade, sensibilidade e compromiso. Os cativos e cativas reflexionaron na aula sobre a importancia do respecto, da igualdade e da convivencia.

Ao longo da mañá, o alumnado percorreu os distintos establecementos do pobo para repartir as súas tarxetas. Comercios, bares e oficinas recibiron con agarimo estes pequenos recordatorios de que a loita contra a violencia de xénero é unha tarefa de todos e todas.

Agradecemos enormemente a colaboración dos establecementos, que acolleron a iniciativa, e tamén ao noso alumnado, que volveu demostrar que a educación é a mellor ferramenta para construír un futuro máis xusto e igualitario.

Porque cada palabra conta, cada xesto suma.















martes, 28 de novembro de 2023

25 DE NOVEMBRO 💜💟

O venres 24 de novembro e o luns 27 de novembro, levamos a cabo un conxunto de actividades para commemorar o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller. 

Aproveitando o bo tempo, o venres, pintamos e decoramos caixas de cartón para construír un muro contra a violencia. 

  

 

 


O luns, escribimos palabras e poemas contra a violencia e creamos unhas fermosas bolboretas de origami para decorar as caixas. Con elas, construímos un muro!

  



 

Velaquí o resultado!