Amosando publicacións coa etiqueta Donas de sí. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Donas de sí. Amosar todas as publicacións

xoves, 16 de maio de 2024

Día das Letras Galegas: Luísa Villalta🎻📖

Este xoves 16 de maio, conmemoramos o Día das Letras Galegas que se celebra mañá e que homenaxea á escritora e violinista Luísa Villalta. 

Xuntámonos ao redor do mural da ilustración de Luísa, que creara a ilustradora Tania Solla cando visitou o noso centro hai un par de semanas. 

Ao longo desta semana, fomos creando viñetas de banda deseñada sobre a vida de Luísa. Hoxe montamos os puzzles destas viñetas e expuxémolas!

A maiores, os compañeiros de 5º e 6º leron unha biografía e fixeron un repaso pola vida de Luísa. 








mércores, 15 de maio de 2024

Programa de Radio: Escritoras Relevantes 👩📚📻

Con motivo da commemoración das Letras Galegas e no marco do Plan Proxecta+ "Donas de Sí", dende a Radio Xurés, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria convidamos aos nosos compañeiros de 3º e 4º para que fixeran un repaso polas escritoras máis relevantes que loitaron pola reinvindicación dos dereitos das mulleres e a igualdade de xénero. 

 

Deixámosvos aquí o noso podcast para que o escoitedes!


martes, 14 de maio de 2024

Conmemoración das Letras Galegas: Programa de Radio 📻

O alumnado de 5º e 6º fixemos un percorrido polas curiosidades que marcaron a celebración do Día das Letras Galegas, facendo fincapé na biografía da homenaxeada este ano, Luísa Villalta. 


Podedes escoitar o noso programa no seguinte reprodutor

martes, 16 de abril de 2024

DONAS DE SÍ - Luísa Villalta👩📖🎻

Hoxe, 16 de abril, recibimos a visita da asociación Polo Correo Do Vento. Nunha actividade enmarcada no Plan Proxecta + DONAS DE SÍ, coñecemos máis polo miúdo a figura de Luísa Villalta, homenaxeada este ano nas Letras Galegas. 

O escritor Enrique Mauricio Iglesias e a ilustradora Tania Solla, autores do biografía "Tinta do mar", contáronnos unha chea de datos interesantes sobre Luísa. 

Ademais, ensináronnos a facer un retrato da autora. 














mércores, 6 de marzo de 2024

A igualdade non ten idade 🟣💜🟣

Na semana do 8 de Marzo e do Día Internacional da Muller, recibimos a visita de Luis Vallecillo que nos trouxo o seu espectáculo "A igualdade non ten idade".  

Luis falounos das distintas esferas da igualdade: dende tratar aos demais como queres que te traten, o bonito que é ser diferente ou a importancia do respecto. 

A maiores, non perdeu a oportunidade de salientar a achega de Rosalía de Castro e Clara Campoamor ao recoñecemento da relevancia e participación das mulleres na sociedade e na historia. 

As nosas familias, mestres e nós, o alumnado, gozamos moito da súa música, dos seus títeres e da interpretación que fixo de poemas de Rosalía de Castro, Manuel María ou Carlos Casares. 

Grazas, Luis!!!






martes, 28 de novembro de 2023

25 DE NOVEMBRO 💜💟

O venres 24 de novembro e o luns 27 de novembro, levamos a cabo un conxunto de actividades para commemorar o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller

Aproveitando o bo tempo, o venres, pintamos e decoramos caixas de cartón para construír un muro contra a violencia. 

  

 

 


O luns, escribimos palabras e poemas contra a violencia e creamos unhas fermosas bolboretas de origami para decorar as caixas. Con elas, construímos un muro!

  



 

Velaquí o resultado!