xoves, 22 de decembro de 2022

BO NADAL FAMILIAS!!!

Por fin podemos presentarvos o noso villancio, composto por 42 cantantes e dirixidos polo profe Javi. Esperamos que vos guste!!!




Dende o CEIP do Xurés desexamos que teñades un bo nadal e unhas felices festas. E esperamos que o próximo ano veña cargado de boas novas!




VISITA DE PAPÁ NOEL

 Onte tivemos unha sorpresa no colexio xa que veu a visitarnos Papá Noel e ademais viña cheo de regalos. MOITAS GRAZAS esperamos que volvas o ano que vén. 

HoHoHo!!! Bo nadal!!!!



domingo, 18 de decembro de 2022

ANIVERSARIOS DE DECEMBRO🎉🍰

 Durante este mes estivo de aniversario Diego e tamén estarán de aniversario Nerea de 3º de primaria e tamén o profe Javi. Os flautistas adicáronlle unha canción. 

E a tarta estaba riquísima! Moitos parabéns!!!!🎈🎉🍰



mércores, 7 de decembro de 2022

3D- Día da diversidade funcional

 O pasado venres conmemoramos no centro o Día da diveersidade funcional correspondente ao 3 de decembro. Para traballar isto durante a semana nas sesións de educación física xogaron a deportes paraolímpicos como o boccia, datchball e voley sentados. Tamén decoramos unhas mariposas con pezas de puzzle e cada clase decorou unha parte do lema que decidimos utilizar para este día "Diferentes no voo pero co mesmo dereito a voar". E non só isto, ademais tivemos a gran sorte de ter unha visita moi especial. Iván, estudante de maxisterio, cun futuro moi prometedor, ten unha enfermidade metabólica pouco común veu o cole a contarnos a súa experiencia coa enfermidade e a resolver as dúbidas que tiñamos sobre ela. Regalounos unhas pegatinas e estamos moi agradecidos de que viñera a visitarnos. Sempre que queiras esperámoste cos brazos abertos porque no noso cole todos encaixamos.


Deixamos por aquí un vídeo para que vexades canto traballamos e aprendemos en cuestión de diversidade!😃



domingo, 27 de novembro de 2022

25N💜

 


O pasado venres conmemoramos no centro o 25N-Dia contra a violencia de xénero. Empezamos o día vendo a obra de teatro "Avóas" organizada polo Concello de Lobios. Despois, realizamos un taller de estrelas, unha estrela por cada víctima falecida durante este ano por violencia de xénero. Tamén na biblioteca falamos sobre os contos e cortos aprendidos sobre o tema esta semana. E visualizamos un vídeo que fixeron os compañeiros de terceiro e cuarto. E para rematar o día creamos a nosa porta violeta para reivindicar que o noso centro é un espazo libre de violencia de xénero, aquí colocamos as estrelas e escribimos mensaxes reivindicativos.

Esperamos que non haxa máis víctimas e que algún día non teñamos que conmemorar este día!

O CEIP do Xurés di NON a violencia de xénero!


ANIVERSARIOS NOVEMBRO🎊

Durante este mes estivo de aniversario Lois de 2º de primaria e tamén o noso cociñeiro Óscar. Os flautistas adicáronlle unha canción. E a tarta estaba riquísima! Moitos parabéns!!!!🎈🎉🍰




martes, 1 de novembro de 2022

CUMPLEANOS MES DE OUTUBRO🎉🎂

 Parabéns a Wyatt que estivo de aniversario este mes.  E grazas aos músicos por tocarlle a canción de cumpleanos.



SAMAÍN 💀👻🎃

 O venres estivemos de festa de Samaín no cole. Desfrutamos moito xa que fixemos uns talleres moi terroríficos e divertidos e ademais bailamos. Aquí podedes ver un vídeo que resume o ben que o pasamos.







Os gañadores do concurso da cabaza na aplicación foron: Hugo, Lara, Alma e Óscar. Noraboa!









Día das bibliotecas escolares📚

 O pasado luns 24 de outubro a biblioteca transformouse nun restaurante máxico co fin de  conmemorar o día das bibliotecas escolares. Fixemos unha chea de actividades divertidas e ademais Selena, Daniela, Irina, Tania e Helena empezaron coas mochilas viaxeiras.

Esperamos que as disfrutedes moito!













xoves, 27 de outubro de 2022

EXCURSIÓN A SANTIAGO DE COMPOSTELA







O pasado venres fomos de excursión a  Santiago de Compostela. Mirade este vídeo resumen para que vexades o ben que o pasaron os nosos alumnos e alumnas!


 

luns, 3 de outubro de 2022

CUMPLEANOS SETEMBRO 2022

O pasado venres celebramos no comedor os aniversarios do verán e tamén do mes de setembro. Moitos parabéns!💜



luns, 11 de xullo de 2022

VEXO. VEXO XACOBEO: O CAMIÑO DAS ESTRELAS

 DURANTE O CURSO 2021/2022, OS NENOS E NENAS DO CEIP  PLURINLINGÜE DO XURÉS COMPLETARON  ACOMPAÑADOS DAS FAMILIAS  E DOS MESTRES O TRAMO DO CAMIÑO MIÑOTO RIBEIRO, ENTRE PORTELA DE HOME E SANTIAGO DE COMPOSTELA.

DURANTE ESTE CAMIÑO, LERON CONXUNTAMENTE O CONTO 

"O CAMIÑO DAS ESTRELAS" 

DOS AUTORES ALBA DE EVAN E XAVIER DOMÍNGUEZ.



mércores, 22 de xuño de 2022

FIN DUNHA ETAPA

 PARA OS NOSOS ALUMN@S DE QUINTO E SEXTO REMATA UNHA ETAPA PERO COMEZA OUTRA NOVA CHEA DE AVENTURAS E ILUSIÓNS. QUE TEÑADES MOITA SORTE!

 DESEXÁMOSVOS O MELLOR!😀😊



xoves, 16 de xuño de 2022

venres, 10 de xuño de 2022

PANEIS INFORMATIVOS 8 MILES

 PARA REMATAR O NOSO PROXECTO DOS 8 MILES CREAMOS OS NOSOS PANEIS INFORMATIVOS ONDE RECADAMOS TODA A INFORMACIÓN QUE TRABALLAMOS DURANTE O CURSO XUNTO CON PANCHOLIÑO.



venres, 3 de xuño de 2022

MÚSICA CON VASOS

 HOXE DESCUBRIMOS QUE PODEMOS FACER MÚSICA CON VASOS. 

QUE BEN O FAN  ESTES ARTISTAS DO XURÉS!



venres, 27 de maio de 2022

QUE APRENDEMOS SOBRE O ALTO DE CODESAL

 ESTA TARDE REUNÍMONOS POR DERRADEIRA VEZ PARA COMPARTIR TODA A INFORMACIÓN SOBRE O ALTO DE CODESAL. UN DOS DERRADEIROS PICOS MÁIS ALTOS QUE NOS ENSINOU PANCHOLIÑO NESTE CURSO.






TANTO EXERCICIO FÍSICO Ó LONGO DESTES MESES FIXO QUE PANCHOLIÑO ESTIVERA SAN E FORTE. POLO QUE NO RECUNCHO DA CIENCIA COMPROBAMOS COMO FUNCIONAN OS NOSOS PULMÓNS E O BENEFICIO DA ACTIVIDADE FÍSICA PARA MANTERSE EN FORMA.😀



TALLER DE PULSEIRAS E MANDÁLAS

 HOXE DESPOIS DE COMER FIXEMOS TALLER DE PULSEIRAS E MANDALAS. 😀






CUMPREANOS MES DE MAIO

 PARABÉNS😍



mércores, 25 de maio de 2022

24 DE MAIO: DÍA DOS PARQUES NATURAIS

 PARA CELEBRAR O DÍA DOS PARQUES NATURAIS FIXEMOS UNHA EXCURSIÓN A MUIÑOS. ONDE APRENDEMOS UN POUCO MÁIS SOBRE OS PARQUES NATURAIS E AQUELAS CONSTRUCCIÓNS QUE PODEMOS ATOPAR POLO CAMIÑO COMO A CASIÑA DA MOURA, O FOXO DO LOBO,... NESTA OCASIÓN TAMÉN NOS ACOMPAÑARON OS COMPAÑEIR@S DOS COLES DE ENTRIMO, BANDE E MUIÑOS. 





CADA UN DE NÓS LEVOU UN PEQUENO AGASALLO CO CAL ESPERAMOS MANTER OS NOSOS PARQUES CHEOS DE ÁRBORES SANS E FORTES.

venres, 20 de maio de 2022

XOGOS DE ENCESTAR E DE PUNTERÍA

 DESPOIS DE COMER PRACTICAMOS A NOSA PUNTERÍA CON DIFERENTES XOGOS







venres, 13 de maio de 2022

LETRAS GALEGAS 2022

 HOXE CONMEMORAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2022 ADICADO A 

FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN. 

OS NENOS E NENAS DO CEIP DO XURÉS FIXEMOS EN CONXUNTO  UN MURAL COAS PALABRAS GALEGAS QUE MÁIS NOS GUSTARON E A CONTINUACIÓN ELABORAMOS UN POEMA POR CLASE CON ALGUNHAS DELAS, OS CALES LEMOS PARA TODOS OS CAMPAÑEIROS/AS. 






DISFRUTANDO DO BO TEMPO

 HOXE DESPOIS DE COMER DISFRUTAMOS DEBUXANDO Ó AIRE LIBRE E ADEMÁIS PARA RELAXARNOS FIXEMOS UNHAS ORIXINAIS BOTELLAS SENSORIAIS.😃