Como de costume este venres celebramos os cumpleanos do mes de maio. Os cumpleañeiros esta vez foron: Fernando, Irina, Anxo, Hugo, Izan e Marcos. Moitísimas felicidades!🍰🎂
E grazas a nosa cociñeira Luisa pola torta que estaba riquísiiima😍
Como de costume este venres celebramos os cumpleanos do mes de maio. Os cumpleañeiros esta vez foron: Fernando, Irina, Anxo, Hugo, Izan e Marcos. Moitísimas felicidades!🍰🎂
E grazas a nosa cociñeira Luisa pola torta que estaba riquísiiima😍
Esta semana tivemos a sorte de contar con dúas actividades organizadas polos profes. O primeiro foi o profe Víctor que nos deu un concerto de piano no que o pasamos de marabilla.
E a final de semana o profe Javi axudado polo alumnado da súa tutoría contounos un conto moi interesante non que non deixamos de movernos.
O pasado luns terminamos o mes de maio pasando un bo rato grazas a profe Patri e aos xogos cooperativos que nos propuxo.
O venres tivemos unha visita inesperada, veu o noso cole un apicultor. Explicounos con moito detalle o proceso de elaboración do mel dende as colmeas.
Aprendimos moito, foi unha visita moi interesante. Gracias por vir!!
O venres a pesar de ser un día non lectivo decidimos coller a mochila, roupa cómoda, algo de comida e ala fumos de camiño a Ermita da virxe do Xurés.
Alí coñecimos a moitos futuros profes dispostos a axudarnos e facernos pasar un bo día. E xa distribuidos por grupos nos acercamos ao monte queimado. Tiñamos claro o noso obxectivo que era repoboar ese monte que quedou calcinado polos incendios. E collimos o sacho e mans a obra...
Despois repartimos a palla e lle adicamos unhas poesías as nosas árbores.
Foi un día moi enriquecedor e divertido. Estamos desexando ver como crecen esas árbores e como o monte volve a ser verde.
Moitas grazas por facernos pasar un día estupendo. Grazas por vir ata o Xurés e tamén moitas grazas as familias por colaborar. 💚
Durante a tarde do xoves conmemoramos no centro o Día das Letras Galegas adicado este ano a escritora Xela Arias. Como o tempo non acompañou tivemos que facer as actividades no gimnasio.
Primeiro os alumn@s máis maiores nos contaron un pouco sobre a vida e obra da autora homenaxeada:
Despois os alumn@s de terceiro e cuarto recitaron fragmentos dos seus libros.
Os alumnos de primeiro e segundo explicaron cal era a súa palabra galega favorita que escribiron no mural xunto cos demáis alumn@s de primaria.
Os máis pequenos contáronos como fixeron un mural con diferentes materiais e texturas e a verdade que lle quedou precioso. Sodes uns pequenos artistas!
Somos uns privilexeados por ter unha lingua propia na nosa terra. Coidemola e usemola para que non se esqueza. Feliz Día das Letras Galegas💙
E neste marabilloso día non nos podíamos esquecer de que Anxo e Hugo estaban de aniversario. Moitas felicidades!!!!!
O pasado xoves tivemos moitas sorpresas e moito traballo. Pola maña tivemos a sorte de que viñera o cole Lucía, unha mestra moi especial xa que é a filla da profe Manoli. Veu co seu traxe de galega e con unha chea de instrumentos. Cantamos e bailamos e pasamos un rato estupendo, volve pronto que queremos máis festa e máis baile e a túa compañía.
E na tarde tivemos outra visita especial, Guillermo, un chico que se parecía moito a profe Paula. Pois claro! Era o seu irmán. Veunos a ensinar e contar un pouco a súa experiencia con diabetes co fin de concienciar e axudar no posible. Moitas grazas por vir.
Seguimos coas actividades dirixidas polos profes nos recreos da tarde dos venres. Esta vez a encargada de facernos pasar un bo rato foi a profe Manoli. Ensinounos a pintar con esmaltes de uñas e quedamos moi sorprendidos cos resultados. Mirade que resultados:
Este venres tivemos a visita de Lito e Iago que nos trouxeron unha chea de xogos populares. Moitas grazas por facernos pasar un bo rato! Esperamos que volvades pronto😊
Durante este mes estiveron de aniversario Daniela e Astrid, África, Helena, Aitor e Fátima Molinero.
Moitos parabéns! Esta vez a torta levaba chocolate blanco e estaba buenísima!