Amosando publicacións coa etiqueta RADIO XURÉS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta RADIO XURÉS. Amosar todas as publicacións

luns, 27 de abril de 2026


SOANDO EN GALEGO

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria participou no programa Radio na Biblio mediante a creación dun espazo radiofónico centrado na investigación e difusión da cultura galega.

Neste proxecto, puxeron especial atención na música galega, coñecendo diferentes artistas e estilos, ao tempo que desenvolvían habilidades como a expresión oral, a busca de información e o traballo en equipo.

A iniciativa pon de relevo o valor da radio como ferramenta educativa e da biblioteca escolar como espazo de aprendizaxe activa, contribuíndo á valorización do patrimonio cultural galego entre o alumnado.


 SOANDO EN GALEGO

 

Ademais, queremos agradecer aos artistas que nos dedicarons unhas palabras. É para nós unha satisfacción saber que valoraron positivamente o feito de que falásemos sobre o seu traballo e a súa traxectoria no noso espazo educativo.

Artur Puga

Baiuca

Festicultores











martes, 24 de marzo de 2026

 

Obradoiro con Soledad Felloza: A voz de Radio na Biblio📻

Recentemente, o noso centro contou coa presenza da comunicadora e narradora Soledad Felloza, quen impartiu un obradoiro especializado dentro do proxecto Radio na Biblio.

A experiencia de Soledad Felloza resultou de gran valor para impulsar as emisións da nosa radio escolar, motivando aos participantes a converterse en mellores comunicadores. Agradecemos o seu entusiasmo e profesionalidade nesta xornada tan produtiva.

A nosa radio segue medrando!








luns, 26 de maio de 2025

CANCIÓN "ASÍ É BANDE!" DE 3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

As nenas e nenos de 3º compuxeron e gravaron unha canción sobre Bande, o concello que están a traballar dentro do PDI “Coñecemos a Baixa Limia”. 

A canción leva por título: "Así é Bande!"




CANCIÓN "ASÍ É BANDE!"

martes, 20 de maio de 2025

ENTREVISTA A PABLO DE METEOLOBIOS

As nenas e nenos de 5º de primaria entrevistaron a Pablo de MeteoLobios, dentro de actividades vencelladas ao programa Meteoescolas, no que está a participar o centro.



VISITA RADIO XURÉS PABLO DE METEOLOBIOS

luns, 5 de maio de 2025

OBRADOIRO DE TEATRO RADIOFÓNICO CON CRISTINA COLLAZO (TITIRIMESTRA)

No mes de maio o alumnado do 3º ciclo de primaria, dentro dos obradoiros de Radio na Biblio,  participou, da man de Cristina Collazo, no desenvolvemento de dinámicas grupais de dicción, creatividade e creación de ficcións sonoras. 






xoves, 20 de marzo de 2025

OBRADOIRO "TODO SE PODE CONTAR CON TEATRO" CON ARTUR TRILLO

O alumnado do 3º ciclo participou nun obradoiro de Radio na biblio, relacionado coa expresión oral e con lecturas dramatizadas de textos non teatrais. A actividade foi levada a cabo por Artur Trillo de Producións Teatrais Talía.










venres, 7 de marzo de 2025

8M - DÍA DA MULLER 2025

Con motivo do Día da Muller 2025, as nenas e os nenos de 5º e 6º de primaria entrevistaron a mulleres relevantes da súa localidade: Mari Carmen, alcaldesa de Lobios e Sonia, mamá de Nerea e membro do GES de Lobios.



PROGRAMA DE RADIO: CONMEMORACIÓN DÍA DA MULLER 2025

mércores, 26 de febreiro de 2025

O CABREIRO, MÁSCARA DO ENTROIDO DE MUÍÑOS (OURENSE)

Con motivo do Entroido e dentro do PDI anual “Coñecemos a Baixa Limia”, as nenas e os nenos de 6º de Educación Primaria entrevistaron a Alberto Pérez Rodríguez, director do centro e persoa que contribuíu á recuperación da máscara do Cabreiro de Muíños.



ENTREVISTA A ALBERTO, FIGURA CLAVE NA RECUPERACIÓN DA MÁSCARA DO CABREIRO (MUÍÑOS)

venres, 21 de febreiro de 2025

DÍA DE ROSALÍA 2025

Con motivo da conmemoración do Día de Rosalía o alumnado de 5º de primaria preparou un programa de radio sobre a biografía (coa vida e obras) da escritora e poetisa galega, Rosalía de Castro.

xoves, 13 de xuño de 2024

Charo Pita: contos e lendas 📻🌄

No marco do programa Radio na Biblio, este xoves 13 de maio, o alumnado de 3º, 4º, 5º, e 6º de Educación Primaria recibimos a visita de Charo Pita. Charo Pita ensinounos como facer un guión radiofónico do programa "Xeografías Máxicas" baseado nas historias que ela mesma nos contou. Desfrutamos e gustounos moito as lendas que nos relatou e que tiñan por protagonistas a seres tan interesantes como Hércules, Pirene, Xerión ou Ortro, o cancerbeiro. 

Graciñas, Charo!!

 De ben seguro que aplicaremos todo o que nos ensinache nas nosas grabacións radiofónicas!! 










venres, 31 de maio de 2024

Programa de radio: Hábitos Saudables

 O alumnado de quinto e sexto de Educación Primaria, dende a materia de Ciencias da Natureza, creamos un lapbook e grabamos un programa especial de radio co fin de promocionar e recomendar hábitos saudables no marco do Plan Proxecta+ "Moita vista na escola". 



mércores, 15 de maio de 2024

Programa de Radio: Escritoras Relevantes 👩📚📻

Con motivo da commemoración das Letras Galegas e no marco do Plan Proxecta+ "Donas de Sí", dende a Radio Xurés, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria convidamos aos nosos compañeiros de 3º e 4º para que fixeran un repaso polas escritoras máis relevantes que loitaron pola reinvindicación dos dereitos das mulleres e a igualdade de xénero. 

 

Deixámosvos aquí o noso podcast para que o escoitedes!


martes, 14 de maio de 2024

Conmemoración das Letras Galegas: Programa de Radio 📻

O alumnado de 5º e 6º fixemos un percorrido polas curiosidades que marcaron a celebración do Día das Letras Galegas, facendo fincapé na biografía da homenaxeada este ano, Luísa Villalta. 


Podedes escoitar o noso programa no seguinte reprodutor

martes, 19 de decembro de 2023

Programa Radio Nadal 2023!

 O alumnado do CEIP Plurilingüe do Xurés dende a Radio Escolar contamos unhas adiviñas de Nadal e cantamos un rap que fixemos entre todos durante os recreos dos venres. 






xoves, 24 de febreiro de 2022