Amosando publicacións coa etiqueta 3DECEMBRO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 3DECEMBRO. Amosar todas as publicacións

mércores, 3 de decembro de 2025

 BAIXO O MESMO PARAUGAS 

3 de decembro: Día Internacional das Persoas con Discapacidade

Data que nos convida a reflexionar sobre a importancia de construír espazos máis inclusivos, accesibles e respectuosos.

Unha discapacidade non define a unha persoa: son os seus talentos, soños e capacidades os que realmente contan. Na nosa escola temos a oportunidade de crear espazos onde cada estudante poida sentirse visto, escoitado e acompañado.














luns, 4 de decembro de 2023

DÍA POLA DIVERSIDADE FUNCIONAL 💙💚💛💜

O pasado domingo día 3 de decembro conmemorouse o Día Internacional Pola Diversidade Funcional. Unha data, sen dúbida importante, que non quixemos deixar pasar. 


Quixemos achegarnos e coñecer de primeira man a realidade das persoas con Diversidade Funcional. Por iso, contactamos co alumnado e co profesorado do CEE O Pino, da cidade de Ourense, a través dunha videoconferencia. Preguntámoslle como era a vida no seu cole e nós contámoslle sobre a nosa.
 Pero tamén tivemos oportunidade de rir, cantar e bailar xuntos! 
Como non, convidámolos a unha excursión polo Parque Natural do Xurés! 


Cando rematamos a videoconferencia, puxémonos na pel das persoas con Diversidade Funcional. Por parellas, fixemos un percorrido polo cole cos ollos tapados. Con esta actividade, démonos conta das dificultades que experimentan estas persoas na súa vida cotiá e da importancia de seguir loitando e traballando para construír un mundo máis accesible para todos.