venres, 29 de xaneiro de 2021

DÍA DA PAZ ✌💟

 Hoxe no centro estivemos conmemorando o Día da Paz e da non violencia. Para iso fixemos varias actividades. Para decorar a entrada do cole cada neno/a pintou o seu ladrillo co fin de construir entre todos o muro da paz cunha mensaxe clara. Se queredes ver a mensaxe só tedes que ver moi atentos o vídeo:



Ademais o noso alumnado fixo unha espectacular actuación de baile, a canción escollida para este día foi "Qué bonito de Soraya Arnelas. Non vos perdades a súa actuación, vaia artistas!







 

luns, 18 de xaneiro de 2021

Biblio Creativa

 Despois de experimentar cos escornabots, no día de hoxe o alumnado de 4 e 5 anos realizou os seus propios debuxos na tablet do cole, realizándoos ó seu gusto e mesmo escribindo o seu nome. Que ben o pasamos!!!






domingo, 17 de xaneiro de 2021

Escornabots contra a Covid

 Esta semana os escornabots axudáronnos a repasar as medidas a tomar para evitar ao coronavirus. Entre todas e todos vencerémolo!!