🎉Aniversarios do mes de decembro🎉
DENDE O INFINITO AO MÁIS ALÓ
venres, 19 de decembro de 2025
xoves, 18 de decembro de 2025
Concurso de Nadal no noso colexio🎄✨
A ARTE DENDE O XURÉS: CREANDO IDENTIDADE A TRAVÉS DA ESCULTURA
Dentro do Proxecto Documental Integrado (PDI), o noso colexio traballou a arte desde O Xurés, coñecendo e valorando o patrimonio artístico máis próximo. Grazas á visita do artista Toño Monteiro, o alumnado participou na creación dunha escultura chamada Lobio, que fai referencia á orixe do nome do noso concello.
Esta experiencia permitiunos afondar na escultura como disciplina artística, coñecendo os seus procesos e materiais, e reforzando a importancia da arte como parte da nosa identidade cultural.
mércores, 3 de decembro de 2025
BAIXO O MESMO PARAUGAS
3 de decembro: Día Internacional das Persoas con Discapacidade
Data que nos convida a reflexionar sobre a importancia de construír espazos máis inclusivos, accesibles e respectuosos.
Unha discapacidade non define a unha persoa: son os seus talentos, soños e capacidades os que realmente contan. Na nosa escola temos a oportunidade de crear espazos onde cada estudante poida sentirse visto, escoitado e acompañado.
venres, 28 de novembro de 2025
martes, 25 de novembro de 2025
25N: Xuntas e xuntos contra a violencia de xénero
Esta semana, con motivo da conmemoración do Día
Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o noso centro
participou nunha actividade que implicou a toda a comunidade
educativa.
Os nenos e nenas prepararon tarxetas con lemas creados
por eles mesmos, mensaxes cheas de creatividade, sensibilidade e
compromiso. Os cativos e cativas reflexionaron na aula sobre a
importancia do respecto, da igualdade e da convivencia.
Ao longo da mañá, o alumnado percorreu os distintos
establecementos do pobo para repartir as súas tarxetas. Comercios,
bares e oficinas recibiron con agarimo estes pequenos
recordatorios de que a loita contra a violencia de xénero é unha tarefa de
todos e todas.
Agradecemos enormemente a colaboración dos establecementos,
que acolleron a iniciativa, e tamén ao noso alumnado, que volveu
demostrar que a educación é a mellor ferramenta para construír un futuro máis
xusto e igualitario.
Porque cada palabra conta, cada xesto suma.
luns, 17 de novembro de 2025













.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)



.jpg)
.jpg)