Amosando publicacións coa etiqueta SAMAÍN. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta SAMAÍN. Amosar todas as publicacións

xoves, 30 de outubro de 2025

 

Celebración do Samaín 👹

No noso centro escolar celebramos un ano máis o Samaín cunha xornada chea de creatividade, misterio e moita diversión. O alumnado participou con entusiasmo na elaboración das súas manualidades máis terroríficas, deixando voar a imaxinación con cabazas monstruosas, criaturas fantásticas e decoracións propias desta época do ano.

Para pechar a celebración, realizamos a tan esperada entrega de premios, na que recoñecemos o esforzo e a orixinalidade das propostas presentadas. Foi un momento especial, compartido entre risas e o orgullo polo gran traballo realizado por toda a comunidade educativa.

O Samaín converteuse así nunha oportunidade perfecta para aprender, convivir e manter viva unha tradición.
















mércores, 30 de outubro de 2024

SAMAÍN 🎃👻💀


Este mércores 30 de outubro festexamos o SAMAÍN no cole. Para iso, dividimonos en  grupos por idades para ir rotando polas diferentes estacións terroríficas. En cada unha delas, cada equipo foi conseguindo un ingredinte para finalmente facer as pócemas máxicas todos xuntos na bibLioteca.


ESTACIÓN DE XOGOS POPULARES 🏃🏀










RECEITAS TERRORÍFICAS 🍊🍌🍏😋











   












ESTACIÓN DE MAQUILLAXE 👻🎃





                                 ESTACIÓN DE BAILE🎵🎵




                            



martes, 31 de outubro de 2023

SAMAÍN 👻🕷🕸🎃

Este martes 31 de outubro, festexamos o Samaín no cole. 
Pola mañá, preparamos unhas sobremesas tan terroríficas como saudables, 
que degustamos no comedor despois de xantar! 

Logo, fixemos entrega dos premios do concurso de manualidades de Samaín. 
Xunto coas nosas familias, demos renda solta á nosa creatividade para crear decoracións 
de Samaín con materiais de refugallo! As cinco máis orixinais levamos un premio especial! 




A continuación, lemos o conto de Samaín que todos os cursos foramos creando na Biblioteca durante a última semana. A partir do famoso cadro "O berro" de Munch fixemos unha historia colaborativa. Quedounos ben terrorífica! 😉😏



Finalmente, rematamos a xornada cun baile con cancións propias deste día!