O pasado xoves tivemos moitas sorpresas e moito traballo. Pola maña tivemos a sorte de que viñera o cole Lucía, unha mestra moi especial xa que é a filla da profe Manoli. Veu co seu traxe de galega e con unha chea de instrumentos. Cantamos e bailamos e pasamos un rato estupendo, volve pronto que queremos máis festa e máis baile e a túa compañía.
E na tarde tivemos outra visita especial, Guillermo, un chico que se parecía moito a profe Paula. Pois claro! Era o seu irmán. Veunos a ensinar e contar un pouco a súa experiencia con diabetes co fin de concienciar e axudar no posible. Moitas grazas por vir.
Ningún comentario:
Publicar un comentario