Durante a tarde do xoves conmemoramos no centro o Día das Letras Galegas adicado este ano a escritora Xela Arias. Como o tempo non acompañou tivemos que facer as actividades no gimnasio.
Primeiro os alumn@s máis maiores nos contaron un pouco sobre a vida e obra da autora homenaxeada:
Despois os alumn@s de terceiro e cuarto recitaron fragmentos dos seus libros.
Os alumnos de primeiro e segundo explicaron cal era a súa palabra galega favorita que escribiron no mural xunto cos demáis alumn@s de primaria.
Os máis pequenos contáronos como fixeron un mural con diferentes materiais e texturas e a verdade que lle quedou precioso. Sodes uns pequenos artistas!
Somos uns privilexeados por ter unha lingua propia na nosa terra. Coidemola e usemola para que non se esqueza. Feliz Día das Letras Galegas💙
E neste marabilloso día non nos podíamos esquecer de que Anxo e Hugo estaban de aniversario. Moitas felicidades!!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario