luns, 17 de maio de 2021

PLANTANDO CARA Ó LUME💚

 O venres a pesar de ser un día non lectivo decidimos coller a mochila, roupa cómoda, algo de comida e ala fumos de camiño a Ermita da virxe do Xurés. 



Alí coñecimos a moitos futuros profes dispostos a axudarnos e facernos pasar un bo día. E xa distribuidos por grupos nos acercamos ao monte queimado. Tiñamos claro o noso obxectivo que era repoboar ese monte que quedou calcinado polos incendios. E collimos o sacho e mans a obra...






Despois repartimos a palla e lle adicamos unhas poesías as nosas árbores. 




Foi un día moi enriquecedor e divertido. Estamos desexando ver como crecen esas árbores e como o monte volve a ser verde. 



Moitas grazas por facernos pasar un día estupendo. Grazas por vir ata o Xurés e tamén moitas grazas as familias por colaborar. 💚

Ningún comentario:

Publicar un comentario