martes, 3 de novembro de 2026

2 de novembro: contacontos de Anxo Moure

 O luns 2 de novembro, da man da Secretaría Xeral para a Lingua, o alumnado participou nun contacontos da man do fantástico Anxo Moure no que contou historias e contos xunto co seu burriño.

Ao alumnado gustoulle moito a forma de como Anxo Moure engaiola aos asistentes coa súa forma de contar historias. 

 







 

luns, 2 de novembro de 2026

30 de outubro. Samaín

 Con motivo do Samaín no centro realizáronse unha serie de actividades antes de comer.

Para ambientar a xornada primeiramente, propúxose un concurso ás familais de decoracións de Samaín. O alumnado de Infantil e 1º ciclo de primaria realizou sombreiros terroríficos. O alumnado de 2º e 3º ciclo propuxo vasoiras do terror.

 

Durante a xornada realizáronse 3 obradoiros rotatorios para o alumnado: de sobremesas e de decoracións con arxila terroríficas realizando fantasmas e outros peroaxes da conmemoración. 

Rematouse a xornada co tradicional baile de Samaín.