Nesta primeira aventura Pancholiño descubriu o ALTO DO PISCO, Animádesvos a acompañalo?
DENDE O INFINITO AO MÁIS ALÓ
xoves, 30 de setembro de 2021
BENVIDOS AOS 8 MILES
Rapaces chegou unha mensaxe de Pancholiño! Ollade o vídeo e descubride que fai Pancholiño no seu tempo libre e que novas aventuras e retos vos invita a disfrutar.😂
venres, 24 de setembro de 2021
CUMPREANOS DO MES DE SETEMBRO
luns, 21 de xuño de 2021
SCAPE ROOM ROTEIRO TERMAL!
Para finalizar o trimestre o CEIP Plurilingüe do Xurés organizou unha Scape Room sobre o proxecto Roteiro Termal, PDI que se levou a cabo no centro durante o curso escolar co fin de investigar e coñecer os concellos con auga termal da provincia de Ourense, ademais das súas tradicións e elementos históricos máis relevantes.
Para iso o profesorado do centro ambientou cada aula con rasgos característicos do concello empregandose tamén os traballos feitos polos alumnos durante o curso.
A esta actividade foron convidadas as familias, persoal non docente , alcaldesa de Lobios, axentes forestais e empregados do concello de Lobios.
Todos os participantes lograron con éxito superar todas as probas e como premio non faltou comida e bebida típica de cada concello.
Unha forma diferente de rematar este curso escolar; non deixando de aprender ata no último día lectivo.
Moitas grazas a todos por vir!
domingo, 13 de xuño de 2021
SAÍDA AO SAN ROQUE💚
O pasado venres foi un día moi especial. Collimos as nosas mochilas, as gorras e fumos de paseo a San Roque. Unha vez alí esta vez tocoulle a profe Paula amenizarnos o día cunha sesión de Zumba. Recollimos pauciños para facer lume e facer a nosa churrascada que por certo ben rica que estaba acompañado dunha bica riquísima.
Aquí tedes unhas fotos e vídeo sobre o día, esperamos que vos gusten!
mércores, 2 de xuño de 2021
VÍDEO PROMOCIONAL DO COLE 💚
domingo, 30 de maio de 2021
CUMPLEANOS DE MAIO!🎂
Como de costume este venres celebramos os cumpleanos do mes de maio. Os cumpleañeiros esta vez foron: Fernando, Irina, Anxo, Hugo, Izan e Marcos. Moitísimas felicidades!🍰🎂
E grazas a nosa cociñeira Luisa pola torta que estaba riquísiiima😍










