Para finalizar o trimestre o CEIP Plurilingüe do Xurés organizou unha Scape Room sobre o proxecto Roteiro Termal, PDI que se levou a cabo no centro durante o curso escolar co fin de investigar e coñecer os concellos con auga termal da provincia de Ourense, ademais das súas tradicións e elementos históricos máis relevantes.
Para iso o profesorado do centro ambientou cada aula con rasgos característicos do concello empregandose tamén os traballos feitos polos alumnos durante o curso.
A esta actividade foron convidadas as familias, persoal non docente , alcaldesa de Lobios, axentes forestais e empregados do concello de Lobios.
Todos os participantes lograron con éxito superar todas as probas e como premio non faltou comida e bebida típica de cada concello.
Unha forma diferente de rematar este curso escolar; non deixando de aprender ata no último día lectivo.
Moitas grazas a todos por vir!
Ningún comentario:
Publicar un comentario