O pasado venres foi un día moi especial. Collimos as nosas mochilas, as gorras e fumos de paseo a San Roque. Unha vez alí esta vez tocoulle a profe Paula amenizarnos o día cunha sesión de Zumba. Recollimos pauciños para facer lume e facer a nosa churrascada que por certo ben rica que estaba acompañado dunha bica riquísima.
Aquí tedes unhas fotos e vídeo sobre o día, esperamos que vos gusten!
Ningún comentario:
Publicar un comentario