Este martes 11 de xuño, un helicóptero militar estacionou ao pé do noso centro, no campo de fútbol do equipo de Lobios. Os militares, moi amablemente, convidáronnos a velo de préto e mesmo nos puidemos montar no helicóptero e poñer os seus equipamentos!
Este venres 7 de xuño, no marco do programa XOGADE e grazas á promoción da Asociación Deportiva San Rosendo, o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria desfrutamos dunha xornada de inicación ao kayak e ao piragüismo. Foi unha xornada perfecta na que desfrutamos do noso Parque Natural e do Concello de Muíños na compañía dos centros da Baixa Limia e do concello de Barbadás.
Despois de desfrutar moitísimo na auga e cos remos, probamos os módulos do Gladiator Race!
O alumnado de quinto e sexto de Educación Primaria, dende a materia de Ciencias da Natureza, creamos un lapbook e grabamos un programa especial de radio co fin de promocionar e recomendar hábitos saudables no marco do Plan Proxecta+ "Moita vista na escola".
No marco do Plan Director para a seguridade e convivencia dos centros educativos, a ANPA do CEIP Plurilingüe do Xurés organizou unha exhibición de medios da Garda Civil e do Ges de Lobios.
Na explanada e nas inmediacións do Pavillón Municipal de Lobios, coñecemos e desfrutamos xunto cos compañeiros do CEIP Xoaquín Lourenzo Xocas das distintas unidades da Garda Civil, como o grupo de tráfico, o destacamento de montaña, o equipo cinolóxico, criminalística, antiexplosivos, o grupo áreo, o grupo Pegasus ou o servizo de protección á natureza, entre outros.
Graciñas á nosa ANPA, á Garda Civil e ao GES de Lobios por esta xornada!
Con motivo do día dos Parques Naturais e no marco do Plan Proxecta+ "O monte vivo", este venres 24 de maio participamos nunha actividade organizada polo Parque Natural Baixa Limia - Serra do Xurés, en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente e cambio climático.
Primeiro, achegámonos á sede do Parque para participar na votación "Vota pola natureza" e escoller dúas especies do Parque: unha de fauna e outra de flora.
A continuación, desprazámonos ata Vilameá onde tivemos unha xuntanza coa conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ánxeles Vázquez. Ánxeles e a nosa profe Rosa liberaron dous miñotos para que estas crías de aguia poidan voar e vivir no Xurés.
Logo, María propúxonos dous xogos que desfrutamos moito: o alumnado de Educación Infantil creamos unhas pegadas dos animais máis representativos que nos emprestou María e aos máis grandiños guiounos e acompañounos na busca de oito especies de flora. Graciñas inmensas, María!!
Finalmente, achegámonos a área recreativa de Río Caldo para xantar e xogar un pouco!
Foi un día estupendo no que desfrutamos do noso parque,
No marco do programa, Lectura e Familias, este xoves día 23 de maio, visitou o noso cole a poetisa e escritora Yolanda Castaño. Primeiro, puxemos en común que é para nós a poesía e algunhas das súas características máis destacadas: a rima, os versos, as estrofas...
A continuación, presentounos e leunos o seu libro "Coller as rendas", un poemario protagonizado por animais pouco frecuentes nos libros de contos como o cachalote, o percebe, o berberecho, a carracha ou a vaca cachena. Todos eles loitaban por atopar o seu camiño e tomar as rendas da súa vida.