Con motivo do día dos Parques Naturais e no marco do Plan Proxecta+ "O monte vivo", este venres 24 de maio participamos nunha actividade organizada polo Parque Natural Baixa Limia - Serra do Xurés, en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente e cambio climático.
Primeiro, achegámonos á sede do Parque para participar na votación "Vota pola natureza" e escoller dúas especies do Parque: unha de fauna e outra de flora.
A continuación, desprazámonos ata Vilameá onde tivemos unha xuntanza coa conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ánxeles Vázquez. Ánxeles e a nosa profe Rosa liberaron dous miñotos para que estas crías de aguia poidan voar e vivir no Xurés.
Logo, María propúxonos dous xogos que desfrutamos moito: o alumnado de Educación Infantil creamos unhas pegadas dos animais máis representativos que nos emprestou María e aos máis grandiños guiounos e acompañounos na busca de oito especies de flora. Graciñas inmensas, María!!
Finalmente, achegámonos a área recreativa de Río Caldo para xantar e xogar un pouco!
Foi un día estupendo no que desfrutamos do noso parque,
confirmando que o Xurés está máis vivo ca nunca!
💚🌄
Ningún comentario:
Publicar un comentario