luns, 17 de maio de 2021

VISITAS INESPERADAS😍

O pasado xoves tivemos moitas sorpresas e moito traballo. Pola maña tivemos a sorte de que viñera o cole Lucía, unha mestra moi especial xa que é a filla da profe Manoli. Veu co seu traxe de galega e con unha chea de instrumentos. Cantamos e bailamos e pasamos un rato estupendo, volve pronto que queremos máis festa e máis baile e a túa compañía.







E na tarde tivemos outra visita especial, Guillermo, un chico que se parecía moito a profe Paula. Pois claro! Era o seu irmán. Veunos a ensinar e contar un pouco a súa experiencia con diabetes co fin de concienciar e axudar no posible. Moitas grazas por vir.




domingo, 9 de maio de 2021

ACTIVIDADES MES DE MAIO

 Seguimos coas actividades dirixidas polos profes nos recreos da tarde dos venres. Esta vez a encargada de facernos pasar un bo rato foi a profe Manoli. Ensinounos a pintar con esmaltes de uñas e quedamos moi sorprendidos cos resultados. Mirade que resultados:





XOGOS POPULARES

 Este venres tivemos a visita de Lito e Iago que nos trouxeron unha chea de xogos populares. Moitas grazas por facernos pasar un bo rato! Esperamos que volvades pronto😊





domingo, 2 de maio de 2021

CUMPLEAÑEIROS MES DE ABRIL🍰💝

Durante este mes estiveron de aniversario Daniela e Astrid, África, Helena, Aitor e Fátima Molinero. 

Moitos parabéns! Esta vez a torta levaba chocolate blanco e estaba buenísima!


 


domingo, 25 de abril de 2021

DÍA DO LIBRO📚🌹

 O 23 de abril conmemoramos no centro o día do libro e fixemos varias actividades.

Un libro é coma un sol, 

xa que todo ilumina

da luz a mente e 

da luz á vida. 

A todos os nen@s 

dalle a súa alegría

nel hai cancións

contos e risas.


Fixemos o apadriñamento lector no que os máis maiores leronlle un conto os máis pequenos. 

















Despois  puxemoslle as follas a nosa árbore dos contos, quedou chea de historias e debuxos.




E para rematar recibimos uns agasallos: un libro, un pin de Naturizo e o carnet lector de Naturizo. E ademais levamos para casa o marcapáxinas en forma de flor que fixemos durante a semana.





sábado, 24 de abril de 2021

ACTIVIDADES MES DE ABRIL

Durante este mes os viernes despois da comida realizamos diferentes actividadades dirixidas polos profes. 

O profe Rafa ensinounos diferentes técnicas de pintura e quedaron resultados moi divertidos:






A profe Mirian sorprendeunos cuns xogos en inglés e que ben o pasamos!





E a profe Cristina que nos deu unha clase de ioga moi divertida.


Tamén o noso orientador Manuel nos fixo unha actividade moi interesante sobre os valores:




luns, 5 de abril de 2021

CUMPLEAÑEIROS MES DE MARZO🍰💝

 O último venres antes de irnos de vacacións de Semana Santa celebramos como de costume no noso comedor que Alma, Airam, Adrián y Iago cumpliron anos en marzo. 

A torta estaba riquísima, moitos parabéns a tod@s!