O 23 de abril conmemoramos no centro o día do libro e fixemos varias actividades.
Un libro é coma un sol,
xa que todo ilumina
da luz a mente e
da luz á vida.
A todos os nen@s
dalle a súa alegría
nel hai cancións
contos e risas.
Fixemos o apadriñamento lector no que os máis maiores leronlle un conto os máis pequenos.
Despois puxemoslle as follas a nosa árbore dos contos, quedou chea de historias e debuxos.
E para rematar recibimos uns agasallos: un libro, un pin de Naturizo e o carnet lector de Naturizo. E ademais levamos para casa o marcapáxinas en forma de flor que fixemos durante a semana.
Ningún comentario:
Publicar un comentario