venres, 10 de abril de 2026

 

Xornada de fútbol entre centros escolares 🏆⚽

O pasado día celebramos unha divertida e emocionante xornada de fútbol na que participou o alumnado de 3º a 6º de Educación Primaria dos centros, Colexio Plurilingüe Sagrado Corazón de Celanova, Xoaquín Lourenzo Xocas de Bande e do noso centro Ceip Plurilingüe do Xurés.

Ademais dos partidos, o alumnado tivo a oportunidade de convivir con compañeiros doutros centros, compartindo unha experiencia enriquecedora tanto a nivel deportivo como social.

Sen dúbida, foi unha xornada moi especial na que o fútbol foi o gran protagonista e que deixou moi bos recordos entre todos os participantes.









Ningún comentario:

Publicar un comentario