martes, 28 de abril de 2026

 IMOS DE CONCERTO 🎷

Hoxe o centro tivo o pracer de recibir a PAKOLAS, quen ofreceu un concerto dirixido ao alumnado do colexio. Esta actividade enmarcouse nunha xornada de convivencia na que tamén participaron as familias e as persoas usuarias da residencia de Lobios, favorecendo así o encontro interxeracional.

Como parte da iniciativa, estableceuse unha proposta solidaria para o acceso ao concerto: as persoas asistentes podían achegar un postre que era posteriormente trocado por un libro, promovendo deste xeito a lectura e a colaboración entre a comunidade educativa.

Sen dúbida, unha fermosa maneira de celebrar o Día do Libro.























Ningún comentario:

Publicar un comentario