sábado, 8 de marzo de 2025

💜8M DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 💜

Hoxe conmemoramos no noso cole o día Internacional da Muller Traballadora, unha data moi especial para reflexionar acerca do papel das mulleres na historia, na sociedade e no noso día a día. 
Durante esta xornada, o noso mestre José Manuel falounos acerca da vida e logros de varias mulleres que marcaron un antes e un despois na historia.
Un dos momentos máis emocionantes, foi escoitar todos xuntos o programa de radio realizado polos nosos compañeiros/as de 5º e 6º, no cal entrevistaron a dúas mulleres destacadas no noso concello: a alcaldesa de Lobios e unha muller que forma parte do Grupo de Emerxencias Supramunicipal ( OS GES) en Lobios.






Esta conmemoración non só nos valeu para aprender, senón tamén para valorar o papel da muller en todos os espazos da vida e reforzar o noso compromiso coa igualdade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario