venres, 14 de marzo de 2025

SEMANA DA PRENSA


Durante a Semana da Prensa o alumnado do Ceip Plurilingüe do Xurés confeccionou o seu propio xornal. Para iso, cada ciclo encargouse de facer unha sección.

Asimesmo, tamén vimos as diferentes partes dunha noticia: titular, imaxe, volanta, epígrafe, copete, destacado.










SECCIÓNS DO NOSO XORNAL

O alumnado de Infantil levou a cabo unha sección acerca do TEMPO ATMOSFÉRICO.

O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria confeccionou a sección de DEPORTE pegando diferentes imaxes de actividades que se fixeron no que levamos de curso vinculadas co ámbito do deporte.


O alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria levou a cabo a sección CIENTÍFICA na cal se recolleron diferentes experimentos que se fixeron no Club de Ciencias coa profe Irene así como tamén se reflexaron momentos dun Obradoiro científico que tivemos no cole de "Ciencia en Movemento".

O resultado final desta sección foi o seguinte:












O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria levou a cabo a sección SOCIEDADE. Deixásmosvos por aquí fotiños do proceso así como tamén o resultado final.












Ningún comentario:

Publicar un comentario