xoves, 30 de outubro de 2025


🎉 Aniversarios do mes de outubro 🎂 

Queremos felicitar con moito agarimo a todos os nenos e nenas que cumpriron anos nestas semanas. Foron momentos cheos de alegría, sorrisos e moitas ganas de compartir.

Desexámosvos un novo ano cheo de aventuras, ilusión e aprendizaxes. 💫

Parabéns a todos e todas! 🎈



venres, 24 de outubro de 2025

 

🧭 Actividade de orientación para 5º e 6º de Primaria

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria participou nunha emocionante actividade de orientación, na que puideron poñer a proba as súas habilidades para traballar en equipo, localizar puntos e seguir pistas.

Foi unha xornada moi dinámica, na que combinaron aprendizaxe, exercicio físico e diversión ao aire libre. Sen dúbida, unha experiencia que lles axudou a coñecerse mellor e a disfrutar do entorno dunha maneira diferente.






Día das bibliotecas 2025

Día das bibliotecas📚

Para conmemorar o día das bibliotecas dende o Ceip Plurilingüe do Xurés traballamos co conto "LUME" de Andrea Freire.

Primeiramente fíxose un apadriñamento lector onde os nenos e nenas maiores contáronlle o conto aos máis cativos. Logo desta actividade o equipo de biblioteca a través do kamishibai representou de novo este conto. 

A biblioteca é un espazo de aprendizaxe onde todo o alumnado participa activamente nas diferentes actividades plantexadas.


Seguimos traballando desde a biblioteca, para ter canto antes preparadas as mochilas viaxeiras e que os nenos e nenas poidan disfrutar de lecturas e xogos coa familia.








xoves, 9 de outubro de 2025

Saída a Funtastik en Expourense

O alumnado do centro participou nunha divertida e educativa saída a Funtastik o día 9 de outubro. Foi unha xornada chea de ilusión, movemento e aprendizaxe, na que os nenos e nenas puideron gozar dunha ampla variedade de inchables, zonas educativas e estruturas xigantes pensadas para o xogo e a exploración.

A actividade permitiu combinar o lecer activo coa convivencia e o traballo en equipo, fomentando valores como a cooperación, o respecto e a curiosidade. Sen dúbida, unha experiencia inesquecible que deixou grandes sorrisos e moitas ganas de repetir!









martes, 27 de maio de 2025

🚓Exhibición de medios da Garda Civil en Entrimo 🚓

Hoxe pasamos xunto cos demáis colexios da Baixa Limia unha xornada moi entretida en Entrimo na exhibición de medios da Garda Civil. Vimos algúns dos seus coches e furgonetas así como tamén probamos partes da súa vestimenta. 


                


                 




                            
Tivemos a sorte de poder coñecer a 2 mascotas que traballan ca Garda Civil.

         












luns, 26 de maio de 2025

CANCIÓN "ASÍ É BANDE!" DE 3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

As nenas e nenos de 3º compuxeron e gravaron unha canción sobre Bande, o concello que están a traballar dentro do PDI “Coñecemos a Baixa Limia”. 

A canción leva por título: "Así é Bande!"




CANCIÓN "ASÍ É BANDE!"

martes, 20 de maio de 2025

ENTREVISTA A PABLO DE METEOLOBIOS

As nenas e nenos de 5º de primaria entrevistaron a Pablo de MeteoLobios, dentro de actividades vencelladas ao programa Meteoescolas, no que está a participar o centro.



VISITA RADIO XURÉS PABLO DE METEOLOBIOS