Para conmemorar o día das bibliotecas dende o Ceip Plurilingüe do Xurés traballamos co conto "LUME" de Andrea Freire.
Primeiramente fíxose un apadriñamento lector onde os nenos e nenass maiores contáronlle o conto aos mais cativos. Logo desta actividade o equipo de biblioteca a través do kamishibai representou de novo este conto.
A biblioteca é un espazo de aprendizaxe onde todo o alumnado participa activamente nas diferentes actividades plantexadas.
Seguimos traballando desde a biblioteca, para ter canto antes preparadas as mochilas viaxeiras e que os nenos e nenas poidan disfrutar de lecturas e xogos coa familia.







Ningún comentario:
Publicar un comentario