DENDE O INFINITO AO MÁIS ALÓ
luns, 25 de outubro de 2021
venres, 22 de outubro de 2021
DENDE O XURÉS PARA A ILLA DA PALMA
Hoxe pola maña dende o cole do Xurés fomos á oficina de Correos para enviar diferentes cartas con uns debuxos dirixidos ós nenos e nenas da Illa da Palma. Dende aquí enviámoslles o noso apoio e agarimo.😊
luns, 4 de outubro de 2021
ADIVIÑA XURÉS
O venres os nenos e nenas do Xurés recibiron varias mensaxes de Pancholiño. Tedes todo o mes para resolver os retos sobre o Alto do Pisco. Non vos esquezades de meter as vosas respostas no buzón "ADIVIÑA XURÉS"😀
xoves, 30 de setembro de 2021
ALTO DO PISCO
Nesta primeira aventura Pancholiño descubriu o ALTO DO PISCO, Animádesvos a acompañalo?
BENVIDOS AOS 8 MILES
Rapaces chegou unha mensaxe de Pancholiño! Ollade o vídeo e descubride que fai Pancholiño no seu tempo libre e que novas aventuras e retos vos invita a disfrutar.😂
venres, 24 de setembro de 2021
CUMPREANOS DO MES DE SETEMBRO
luns, 21 de xuño de 2021
SCAPE ROOM ROTEIRO TERMAL!
Para finalizar o trimestre o CEIP Plurilingüe do Xurés organizou unha Scape Room sobre o proxecto Roteiro Termal, PDI que se levou a cabo no centro durante o curso escolar co fin de investigar e coñecer os concellos con auga termal da provincia de Ourense, ademais das súas tradicións e elementos históricos máis relevantes.
Para iso o profesorado do centro ambientou cada aula con rasgos característicos do concello empregandose tamén os traballos feitos polos alumnos durante o curso.
A esta actividade foron convidadas as familias, persoal non docente , alcaldesa de Lobios, axentes forestais e empregados do concello de Lobios.
Todos os participantes lograron con éxito superar todas as probas e como premio non faltou comida e bebida típica de cada concello.
Unha forma diferente de rematar este curso escolar; non deixando de aprender ata no último día lectivo.
Moitas grazas a todos por vir!









