sábado, 19 de decembro de 2020

CUMPLEAÑEIRAS DE DECEMBRO🍰

Moitos parabéns a Sabela e a Nerea que estiveron de aniversario neste mes de decembro. Que rica estaba a torta!



xoves, 3 de decembro de 2020

DÍA DA DIVERSIDADE FUNCIONAL 💖

 Hoxe no cole tivemos unha visita moi especial, veu a visitarnos un deportista de élite paraolímpico. Ignacio Fernández Enriquez, xogador da selección paraolímpica de fútbol e de bádminton.

Ignacio ensinounos que  "a discapacidade é a capacidade extraordinaria de ser capaz". Ignacio enfrentouse as pedras que se lle puxeron no seu camiño, loitou e esforzouse por superalas axudado polo deporte. E que grazas aos valores que transmite o deporte como o sacrificio, a constancia e perseverancia e a loita polos obxectivos conseguiu chegar a xogar nun mundial. Si, si, un mundial!

Ademais trouxo a cadeira de rodas coa que compite e ensinounos como facía para xogar ao bádminton nela. E deixounos probar a cadeira...foi moi divertido!

Moitísimas grazas por vir a visitarnos e contarnos a túa historia personal. Admiramos o teu sacrificio e esforzo e desexamos que sigas gañando partidos na túa vida. Esperamos que volvas pronto a visitarnos, temos un partido pendiente.








mércores, 2 de decembro de 2020

Escornabot contra a Violencia Machista

 O pasado día 25 de novembro celebrouse o Día contra a Violencia de Xénero.

 Así pois, durante estes días traballamos distintos conceptos como feminismo, amor, violencia, machismo, acoso, respecto ou tolerancia, entre outros; todo isto coa intención de interiorizar no noso alumnado tanto as conductas positivas, como tamén as negativas.

 Para acadar tal fin, empregamos un escornabot, mediante o cal o alumnado escolleu, movendo libremente o aparello, as actitudes que desexaba estudar e comentar.

 A continuación podedes ver algunhas fotos das distintas sesións.











martes, 1 de decembro de 2020

CUMPLEAÑEIROS DE NOVEMBRO🍰🎉

Como cada último venres de mes celebramos os aniversarios. Esta vez tocoulle aos que cumpliron ao longo deste mes de novembro. Os cumpleañeiros foron Lois, Iker e Candela. O noso cociñeiro fíxonos unha torta riquisima e moi sana xa que levaba plátano e mazá. Mmmm que ganas de que sexa o último venres de novo. 

Moitos parabéns!



ACTIVIDADE "Entre mulleres anda o xogo"

O pasado martes realizouse no centro unha actividade de concienciación sobre o 25 novembro, día mundial contra a violencia de xénero. Ademáis tivemos a sorte de que veu a visitarnos a alcaldesa do noso concello, dona María del Carmen Yáñez e nos agasallou con portamascarillas. Moitas grazas!

 


 


 

mércores, 25 de novembro de 2020

QUE A MÁSCARA NON TE CALE😷💜

O día 25 de noviembre é o día mundial contra a violencia de xénero. Dende a comunidade educativa do CEIP Plurilingüe do Xurés queremos transmitir dar a seguinte mensaxe e que sexan os nenos e nenas do colexio quen o fagan.

Neste 2020 raro é atípico, no que o virus cambiou tanto a forma de convivir e relacionarnos. O que nunca cambiará é o rexeitamento á intolerancia. A violencia de xénero nunca terá cabida. NON, NON, NON E SEMPRE NON!!!

 Que a máscara non te cale, di NON a violencia de xénero.




venres, 20 de novembro de 2020

PROXECTO ROTEIRO TERMAL: 4ª PARADA ♨

 Seguimos o noso camiño esta semana paramos en Carballiño.