Hoxe no cole tivemos unha visita moi especial, veu a visitarnos un deportista de élite paraolímpico. Ignacio Fernández Enriquez, xogador da selección paraolímpica de fútbol e de bádminton.
Ignacio ensinounos que "a discapacidade é a capacidade extraordinaria de ser capaz". Ignacio enfrentouse as pedras que se lle puxeron no seu camiño, loitou e esforzouse por superalas axudado polo deporte. E que grazas aos valores que transmite o deporte como o sacrificio, a constancia e perseverancia e a loita polos obxectivos conseguiu chegar a xogar nun mundial. Si, si, un mundial!
Ademais trouxo a cadeira de rodas coa que compite e ensinounos como facía para xogar ao bádminton nela. E deixounos probar a cadeira...foi moi divertido!
Moitísimas grazas por vir a visitarnos e contarnos a túa historia personal. Admiramos o teu sacrificio e esforzo e desexamos que sigas gañando partidos na túa vida. Esperamos que volvas pronto a visitarnos, temos un partido pendiente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario