Este martes 30 de xaneiro, commemoramos o día escolar da Paz e da Non Violencia.
No marco do noso PDI "Coñecemenos o pasado; vivimos o presente", quixemos facer un percorrido polo distintos símbolos da Paz que foron xurdindo ao longo da historia. Deste xeito, cada grupo - clase investigamos sobre un destes símbolos: a pomba🕊, o arco da vella🌈, a ramiña de oliveira🌿, as mans brancas ✋ou o logo da paz ☮. Así, cada grupo recollemos nun pergamino qué simboliza cada unha desta imaxes e creamos varios delas en pequeniño.
Ademais, cada grupo convertémonos en poetas pola Paz, desta volta, cun haiku, un poema breve de dezasete sílabas, escrito en tres versos de cinco, sete e cinco sílabas.
Finalmente, durante toda a semana anterior, na biblioteca escolar, estivemos lendo o conto "La coleccionista de palabras" que nos deu pé para crear un abecedario da paz, onde recollemos palabras vinculadas coa paz para cada unha das letras do alfabeto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario