luns, 21 de xuño de 2021

SCAPE ROOM ROTEIRO TERMAL!

 Para finalizar o trimestre o CEIP Plurilingüe do Xurés organizou unha Scape Room sobre o proxecto Roteiro Termal, PDI que se levou a cabo no centro durante o curso escolar co fin de investigar e coñecer os concellos con auga termal da provincia de Ourense, ademais das súas tradicións e elementos históricos máis relevantes.

Para iso o profesorado do centro ambientou cada aula con rasgos característicos do concello empregandose tamén os traballos feitos polos alumnos durante o curso. 

 

A esta actividade foron convidadas as familias, persoal non docente , alcaldesa de Lobios, axentes forestais e empregados do concello de Lobios. 

 

Todos os participantes lograron con éxito superar todas as probas e como premio non faltou comida e bebida típica de cada concello. 

 

 

Unha forma diferente de rematar este curso escolar; non deixando de aprender ata no último día lectivo. 


Moitas grazas a todos por vir!












domingo, 13 de xuño de 2021

SAÍDA AO SAN ROQUE💚

 O pasado venres foi un día moi especial. Collimos as nosas mochilas, as gorras e fumos de paseo a San Roque. Unha vez alí esta vez tocoulle a profe Paula amenizarnos o día cunha sesión de Zumba. Recollimos pauciños para facer lume e facer a nosa churrascada que por certo ben rica que estaba acompañado dunha bica riquísima. 

Aquí tedes unhas fotos e vídeo sobre o día, esperamos que vos gusten!













mércores, 2 de xuño de 2021

VÍDEO PROMOCIONAL DO COLE 💚

Esta semana estivemos preparando un vídeo para ensinarvos todo o que desfrutamos no cole e a gran cantidade de iniciativas nas que participamos. 

Esperamos que vos guste tanto coma a nós.