sábado, 13 de febreiro de 2021

ENTROIDO 🎭🎊

Este ano debido a situación a que estamos a vivir non puidemos saír a desfilar o día de entroido pero non quedou sen celebrar.

Adaptándonos a situación actual e cumprindo co protocolo organizamos unha Búsqueda do tesouro das máscaras da provincia de Ourense.Durante a semana estivemos investigando sobre as máscaras que cada alumno e alumna trouxo ao colexio. Preparados para empezar o xogo, o venres comezamos. O xogo consistía en ir buscando as máscaras seguindo unhas pistas e respondendo a preguntas. Cada clase xunto cos seus titores cumpriron a misión e o pasaron xenial. Ademais obtiveron un premio moi dulce ao superar as diferentes probas. 

Moitas grazas pola vosa colaboración familias, sodes uns artistas e a entrada do cole luce así de bonita;



Tamén deixamos algunhas fotos do ben que o pasaron durante a actividade e o guapos que estaban tod@s cos seus disfraces.








Que pasedes un bo entroido pero recordade "con sentidiño"!



Ningún comentario:

Publicar un comentario