O pasado venres conmemoramos no noso centro o Día do Libro, deixamos aquí os vídeos das actuacións:
Que ben o pasamos! Grazas a todos e todas por vir a vernos.
O pasado venres conmemoramos no noso centro o Día do Libro, deixamos aquí os vídeos das actuacións:
Que ben o pasamos! Grazas a todos e todas por vir a vernos.
Hoxe, luns 17 de abril, repartimos por todo o noso pueblo as entradas para animar á xente que veña a ver a nosa actividade o venres 21 de abril ás 12:30h xa que imos ir a residencia de maiores Virxe do Xurés a realizar a actividade "Contamos con vos".
Deixamos algunhas fotos do reparto das entradas, esperemos que veñades todos o venres!
Este venres tivemos unha visita moi especial no cole. Viñeron a contarnos o conto de "Lúa quere ir a Marte" cuns títeres moi divertidos. Foi moi divertido. Moitas grazas por vir.
Hoxe co fin de resaltar os dereitos das mulleres a ser traballadoras realizamos unha simulación dun edificio ardendo onde salen das ventás: mulleres deportistas, mulleres periodísticas, contos infantís...
Tamén fomos a repartir flores que fixemos para regalarlle as mulleres traballadoras do Concello de Lobios. Fomos ao súper, ferretería, farmacia, perruquería, residencia de anciáns...
E para rematar a semana tivemos a visita dun obradoiro no que Antonia Ferrín axudou a crear constelacións e un cohete moi divertido.
Dende o CEIP do Xurés educamos en igualdade!
O pasado venres veu un nutricionista a visitarnos para ensinarnos bos hábitos de vida saudables. Foi moi interesante e ademais acabamos xogando no patio. Moitas grazas pola visita!
Hoxe no comedor celebramos os aniversarios de Valentina, Sara, Kyllian, Gael, Ainhoa y Selena. Moitos parabéns! A tarta estaba moi rica!
Onte realizamos este mural no que participaron todos os nenos e nenas do cole pintando con diferentes técnicas e estilos a Rosalía de Castro. Ben vestida de astronauta para acompañarnos no noso proxecto o universo.