luns, 19 de outubro de 2020

VISITA DOS BOLECHAS 😍

 Hoxe tivemos unha visita moi especial...viñeron os Bolechas ao cole! Braulio explicounos como debemos actuar ante unha emerxencia chamando ao 112. E para que non nos olvidaramos dos pasos que tiñamos que seguir cantamos un rap moi chulo. 

Esperamos que os Bolechas volvan pronto a ensinarnos máis cousas. Grazas por vir ao Xurés 😊






domingo, 11 de outubro de 2020

VISITA LUIS VALLECILLO🔊🔅

Esta semana tivemos a sorte de recibir unha visita xenial. O venres acompañounos Luis Vallecillo compositor, músico y titiritero que sacou o seu primeiro disco "Cantamos?" en 2018. 

Aproveitando o bo tempo saimos ao patio a desfrutar da súa actuación. Sen esquecernos de respetar as distancias e de ter a nosa máscara posta. 😷

Pasámolo moi ben! Gracias por vir ao Xurés. Esperamos que volvas pronto. 







martes, 29 de setembro de 2020

BENVID@S CURSO 2020-2021!

 Benvid@s tod@s ao cole de novo!!

Pancholiño e mais os profes botámosvos moito de menos durante todo este tempo sen vernos. Estamos orgullosos do ben que o fixestedes nas vosas cosas.

Pero agora que podemos estar xuntos de novo recordade que temos que cumprir todos as normas para así xuntos poder parar o virus. 

Para recordar estas normas preme no seguinte vídeo.