venres, 7 de marzo de 2025

8M - DÍA DA MULLER 2025

Con motivo do Día da Muller 2025, as nenas e os nenos de 5º e 6º de primaria entrevistaron a mulleres relevantes da súa localidade: Mari Carmen, alcaldesa de Lobios e Sonia, mamá de Nerea e membro do GES de Lobios.



PROGRAMA DE RADIO: CONMEMORACIÓN DÍA DA MULLER 2025

venres, 28 de febreiro de 2025

🎭🎉ENTROIDO 🎉🎭

Este Venres tivo lugar o desfile de entroido polas rúas de Lobios. A temática escollida este curso foi froitas. Salimos dende o cole e fixemos unha parada nas guarderías así como tamén na residencia de anciáns.

De camiño á Plaza Roja, na casa do concello, repartíronnos caramelos e piruletas para todos e todas.












Contamos coa colaboración no desfile da figura representativa do concello: OS FOLLATEIROS.




























mércores, 26 de febreiro de 2025

O CABREIRO, MÁSCARA DO ENTROIDO DE MUÍÑOS (OURENSE)

Con motivo do Entroido e dentro do PDI anual “Coñecemos a Baixa Limia”, as nenas e os nenos de 6º de Educación Primaria entrevistaron a Alberto Pérez Rodríguez, director do centro e persoa que contribuíu á recuperación da máscara do Cabreiro de Muíños.



ENTREVISTA A ALBERTO, FIGURA CLAVE NA RECUPERACIÓN DA MÁSCARA DO CABREIRO (MUÍÑOS)

luns, 24 de febreiro de 2025

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Este Venres 21 de Febreiro conmemoramos o día de ROSALÍA DE CASTRO. Ao longo da semana fomos traballando en cada unha das aulas de infantil e primaria cousiñas relevantes da vida e obra de Rosalía para finalmente poñelo en común. Reflexamos todo o traballado nunha liña do tempo ordenando diferentes momentos sigtificativos segundo transcurriron os feitos. 







Ao longo da semana fomos vendo diferentes fragmentos de poesía da obra de Rosalía de Castro analizando as súas palabras e expresando aquelas máis destacadas mediante o debuxo.







venres, 21 de febreiro de 2025

DÍA DE ROSALÍA 2025

Con motivo da conmemoración do Día de Rosalía o alumnado de 5º de primaria preparou un programa de radio sobre a biografía (coa vida e obras) da escritora e poetisa galega, Rosalía de Castro.

venres, 14 de febreiro de 2025

OBRADOIRO DE MÁSCARAS E CABEZUDOS, ORGANIZADO POR PEDRAS DE PAPEL

Con motivo do Entroido, dende Biblioteca Creativa participamos nun obradoiro de máscaras e cabezudos, organizado por Pedras de Papel, no que recrearon as máscaras características do Entroido de Lobios (O Follateiro) e de Muíños (O Cabreiro), con distintas técnicas.






xoves, 30 de xaneiro de 2025

Día Escolar da non Violencia e da Paz 🕊☮

Este Xoves 30 de Xaneiro commemoramos o día escolar da Non Violencia e da Paz.

Ao longo da semana, cada grupo foi elaborando as súas pombas da paz con palabras significativas que a definen para posteriormente compartilas co resto de compañeiros e compañeiras. Unha vez que cada neno/a comentou a súa mensaxe, pasamos a colgar as pombas nas árbores do noso patio.







 Ademáis, desfrutamos todos xuntos cantando e bailando. Deixámosvos por aquí algúns dos momentos vividos na xornada.