luns, 24 de febreiro de 2025

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Este Venres 21 de Febreiro conmemoramos o día de ROSALÍA DE CASTRO. Ao longo da semana fomos traballando en cada unha das aulas de infantil e primaria cousiñas relevantes da vida e obra de Rosalía para finalmente poñelo en común. Reflexamos todo o traballado nunha liña do tempo ordenando diferentes momentos sigtificativos segundo transcurriron os feitos. 







Ao longo da semana fomos vendo diferentes fragmentos de poesía da obra de Rosalía de Castro analizando as súas palabras e expresando aquelas máis destacadas mediante o debuxo.







venres, 21 de febreiro de 2025

DÍA DE ROSALÍA 2025

Con motivo da conmemoración do Día de Rosalía o alumnado de 5º de primaria preparou un programa de radio sobre a biografía (coa vida e obras) da escritora e poetisa galega, Rosalía de Castro.

venres, 14 de febreiro de 2025

OBRADOIRO DE MÁSCARAS E CABEZUDOS, ORGANIZADO POR PEDRAS DE PAPEL

Con motivo do Entroido, dende Biblioteca Creativa participamos nun obradoiro de máscaras e cabezudos, organizado por Pedras de Papel, no que recrearon as máscaras características do Entroido de Lobios (O Follateiro) e de Muíños (O Cabreiro), con distintas técnicas.






xoves, 30 de xaneiro de 2025

Día Escolar da non Violencia e da Paz 🕊☮

Este Xoves 30 de Xaneiro commemoramos o día escolar da Non Violencia e da Paz.

Ao longo da semana, cada grupo foi elaborando as súas pombas da paz con palabras significativas que a definen para posteriormente compartilas co resto de compañeiros e compañeiras. Unha vez que cada neno/a comentou a súa mensaxe, pasamos a colgar as pombas nas árbores do noso patio.







 Ademáis, desfrutamos todos xuntos cantando e bailando. Deixámosvos por aquí algúns dos momentos vividos na xornada.







venres, 20 de decembro de 2024

🎅🎄BO NADAL🎄🎅

 Este Venres 20 de Decembro tivo lugar unha saída ó centro comercial de Ourense como actividade de nadal para poñer fin a este primeiro trimestre do curso. Unha vez alí, desfrutamos dunha sesión de cine de nadal así como tamén tivemos como sorpresa a visita dunha axudanta de Papa Noel que nos trouxo agasallos para todos/as.

Podedes ver algúns dos momentos do día de hoxe.


Foi unha xornada moi especial para despedir este primeiro trimestre. Agora só queda desfrutar moito das vacacións.

Dende o Ceip Plurilingüe do Xurés, gustaríanos desexarvos un BO NADAL a todos e todas!

Vemonos á volta!!






mércores, 18 de decembro de 2024

ELABORACIÓN DE XOGUETES CON MATERIAL DE REFUGALLO: PANCHOLIÑO EN MOVEMENTO

No 1º trimestre e tendo como protagonista á mascota da biblioteca do centro, Pancholiño, o alumnado participou nun obradoiro de elaboración de xoguetes con material de refugallo. Crearon un mecanismo co que dar movemento aos seus Pancholiños. Como a actividade coincidiu coa época de Nadal, o alumnado quixo colocarlles un gorro de Papá Noel.







martes, 3 de decembro de 2024

Día Internacional das persoas con Discapacidade 💛💛

Hoxe 3 de decembro conmemoramos o día da diversidade funcional e para iso contamos coa visita da ONCE onde nos explicaron un sistema alternativo de comunicación como é o braille. Foi moi interesante! 







Asimesmo, visualizamos o corto de Pip e posteriormente dramatizámolo a través dunha actividade lúdica.