Este Martes tivemos a sorte de contar coa visita de Paco Cerdeira (coñecido polo público infantil como "Pakolas") para festexar o día do libro. Para anunciar este gran evento polo noso pobo levamos a cabo dende o centro un concurso de cartéis. Dende aquí queremos agradecer ás familias e a todo o alumnado pola súa colaboración nesta actividade.

Pakolas presentounos neste concerto o seu último librodisco "Ecoralia, a lambona ecolóxica". A historia trata de concienciar ós máis cativos da importancia de consumir alimentos ecolóxicos para coidar o medio ambiente, combater o cambio climático así como tamén para garantir o benestar animal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario