Este martes día 23 de abril festexamos o Día Internacional do Libro.
No recreo, aproveitamos o sol e bo tempo para levar a cabo unha actividade de lectura compartida na que os máis grandes lle lemos aos máis pequeniños.
Este martes día 23 de abril festexamos o Día Internacional do Libro.
No recreo, aproveitamos o sol e bo tempo para levar a cabo unha actividade de lectura compartida na que os máis grandes lle lemos aos máis pequeniños.
Este venres día 19, o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria participamos nun obradoiro de "Xogos Bailados e Enredos". Dende a área de Educación Física, organizáronnos esta xornada e aprendemos un montón de danzas e enredos da man de Lito Prado.
Pasamos unha mañá estupenda, bailando, rindo e enredando moito!!
Aquí vos deixamos unha mostra!!
Este mércores 18 de abril, celebramos xunto cos nosos compañeiros do CEIP Xoaquín Lourenzo de Bande, o día da Educación Física Na Rúa.
Foi unha xornada fermosa e moi divertida na que fixemos grupo cos amigos de Bande para facer un xogo de orientación que nos levou a percorrer a vila de Bande e superar doce retos. Ao final da xornada, construímos un puzzle no que descubrimos o lema do día "A Educación Física e a saúde mental":
A actividade física axúdanos a suar as pequenas cousas que nos alonxan da felicidade!
Deixámovos unha mostra deste día nas seguinte imaxe e vídeo!
Agardamos que vos guste! 🌟⭐
Hoxe, 16 de abril, recibimos a visita da asociación Polo Correo Do Vento. Nunha actividade enmarcada no Plan Proxecta + DONAS DE SÍ, coñecemos máis polo miúdo a figura de Luísa Villalta, homenaxeada este ano nas Letras Galegas.
O escritor Enrique Mauricio Iglesias e a ilustradora Tania Solla, autores do biografía "Tinta do mar", contáronnos unha chea de datos interesantes sobre Luísa.
Ademais, ensináronnos a facer un retrato da autora.